Saltar ao contido

14_10_25_A3_MAREA ECONOMÍA

Na Marea Atlántica cremos que existen formas de deseñar as políticas económicas dende o Concello que favorezan o tecido produtivo local, o comercio de proximidade e xeitos non mercantilizados de economía. O deseño de políticas deste tipo faise especialmente acuciante nunha cidade onde se está a apostar polos grandes Centros Comerciais, a liberdade de horarios, o peche dos mercados municipais tradicionais e a súa substitución por Mercados-espectáculo, e unha orientación comercial para o turismo e non para os habitantes da cidade. Por outra banda, o apoio municipal a iniciativas de economía social é nulo.

 

Se queres axudar a cambiar esta situación, non te aforres para mellores momentos: necesitamos de todxs agora. O momento é na Marea da Economía Local e Social, que celebraremos o vindeiro mércores 12 de novembro, ás 20:30 h. na Praza de Santo Agostiño.

#HaiMarea

Mareas | Marea da Economía Local e Social