Mareas

Marea Alta | Decidimos

cartaz_marea_alta

Tras varias semanas de traballo, de debate, reunións e emisión consensuada de propostas, chega a hora de decidir. Así nos imos presentar ás eleccións municipais: cun código ético que sustente unha forma de goberno, tras un método de eleccións primarias na propia Marea Atlántica e unha serie de mecanismos de implicación cidadá que garantan o dereito a participar nas decisións da vida local.

Os días 7 e 8 de febreiro escorrentamos o frío polar á caloriña dunha Presentación pública das devanditas propostas definitivas [será no COAG en horario de mañá e tarde], previa á votación final o domingo 8 [na rúa Pontejos,7].

Estamos de Marea Alta, aprendendo e cheos de enexía nesta nova forma de navegar en común.

#HaiMarea

Have your say