Saltar ao contido

Os comentarios están pechados.

Un campo de chave, parques de parkour, máquinas de exercicio, taboleiros de xadrez, canastras ou mesas de ping-pong son algúns dos equipamentos que solicitaron as persoas que participaron na nosa iniciativa #EspazosDeporte.

Estamos nunha cidade cunha carencia importante de espazos e instalacións deportivas públicas e abertas nas que se poida botar un partido coas amizades sen ter que pagar e facer reservas. Para solventar solventar este problema, preguntámoslle á xente que lugares son axeitados para que o Concello poña algún tipo de instalación para practicar deporte, partindo da idea de que foran de baixo custe. E a veciñanza respondeu, o que demostra que as persoas desta cidade queren axudar a mellorala. Na Marea Atlántica escoitamos e faremos nosas esas propostas que nos chegan da cidadanía. Gobernar obedecendo.

Ver pantalla completa

Mapa dos Espazos para o Deporte