Mareas

cabeceira_FB_deporterua

Mapa dos Espazos para o Deporte

Un campo de chave, parques de parkour, máquinas de exercicio, taboleiros de xadrez, canastras ou mesas de ping-pong son algúns dos equipamentos que solicitaron as persoas que participaron na nosa iniciativa #EspazosDeporte.

Estamos nunha cidade cunha carencia importante de espazos e instalacións deportivas públicas e abertas nas que se poida botar un partido coas amizades sen ter que pagar e facer reservas. Para solventar solventar este problema, preguntámoslle á xente que lugares son axeitados para que o Concello poña algún tipo de instalación para practicar deporte, partindo da idea de que foran de baixo custe. E a veciñanza respondeu, o que demostra que as persoas desta cidade queren axudar a mellorala. Na Marea Atlántica escoitamos e faremos nosas esas propostas que nos chegan da cidadanía. Gobernar obedecendo.

Ver pantalla completa

2 comments

  1. Espazos para o deporte? Só quedarán espazos para o fútbol coa vosa idea de eliminar a pista de atletismo de Elviña.

    Responder
    • Bo día, Xan.

      Gustaríanos aclarar esta polémica. Non é certo que se vaia eliminar a pista de atletismo de Elviña, en ningún caso. O que hai é unha proposta particular do Victoria FC, un club privado, que quere investir cartos en mellorar as instalacións. Esa proposta, tal cal, suporía instalar herba artificial nalgunhas zonas, para a práctica do rugby, o que daría problemas para os deportes de lanzamento.

      Pero dita proposta non está aínda aprobada. Nin moito menos. E o Concello da Coruña, que investirá 300.000 euros na mellora das pistas, quere que alí sigan podendo facerse todos os deportes como ata o de agora.

      Tamén che lembramos que as pistas de Elviña son da Universidade, non do Concello, polo que nada pode facer o goberno municipal pola súa conta. Garantimos, iso si, o compromiso de negociar ata o final para que ningún deporte se que de fóra de Elviña.

      E

      Responder

Have your say