Manifesto

Asina o manifesto
 

Sabemos que este sistema non deixa de crear inxustiza e desigualdade. Que os recortes nos servizos públicos, deseñados por unha minoría ao ditado do poder económico, os estamos a padecer nós, o 99%. Que coa escusa da crise se están a multiplicar a emigración, o desemprego e a pobreza e que somos maioría as que pensamos que xa é abondo. Que chegou a hora de cambiar as cousas dunha vez.

Na Coruña sabemos ben o que é ser unha cidade de mareas vivas. Por iso queremos sumarnos á rebelión democrática que vén, esa marea que despois de percorrer as rúas se propón agora poñer as institucións ao servizo da xente. Queremos apropiarnos das ferramentas necesarias para combater a desigualdade e construír unha cidade e un país distintos. E imos comezar pola Coruña. Porque a coñecemos e a imaxinamos doutro xeito.

Merecemos unha cidade sen corrupción nin desafiuzamentos. Unha cidade libre de especulación. Unha cidade para as persoas, para a convivencia e a realización individual e colectiva, non un escaparate. Unha cidade sen complexos, acolledora e á vez orgullosa da súa lingua e a súa cultura. Unha cidade sen exclusións de ningunha caste. Unha cidade á medida dos e das de abaixo.

Non estamos sós nin soas. E tampouco acabamos de chegar. Precédennos movementos plurais e moitos anos de mobilización e organización dende abaixo. Pero o pulso popular e a urxencia da época indican que chegou o momento de facelo: podemos gañar e recuperar María Pita.

Pensamos que é o momento de abrir un proceso que consiga sumar forzas de cara ás eleccións municipais do ano vindeiro. Necesitamos un espazo de confluencia, no que caibamos todas e todos, arredor dun desexo común: acabar coas políticas ditadas polas elites e o poder económico e rescatar a democracia, secuestrada polo bipartidismo tamén no ámbito municipal.

Propoñemos iniciar un proceso, barrio a barrio, que vaia máis alá dos nomes propios, dende a diferenza pero con xenerosidade. Construír un espazo liberado dos grillóns da vella política, baseado no protagonismo da xente. Procurar un novo xeito de organizar a vida en común, honesto e transparente, construído pola cidadanía, ao servizo da cidadanía e baixo o control da cidadanía. Un ciclo radicalmente democrático e participativo, sen peaxes e con capacidade para ilusionar a maioría social, todas e todos nós.

Chegou a hora da MAREA ATLÁNTICA.

E ti, tamén ventas a marea?
Asina para que suba de vez.

 

Primeiras 99 sinaturas:

 
Nicanor Acosta Alonso · Libreiro

Ana Isabel Aja Álvarez · Deseñadora

Lucía Aldao · Poeta

David Alfonsín Lareo · Emprendedor

Jesús Alfonsín Puñal · Pensionista

Iago Alvite Lorenzo · Profesor de Secundaria e músico

Cristina Bajo Enríquez · Socióloga e técnica de Igualdade

Cristina Barbeito Vázquez · Técnica en Cooperación

Xabi Barral · Empresario de hostalería

Pepe Barro · Deseñador gráfico

Verónica Campos García · Educadora ambiental

Juan Antonio Campos Malaxechevarría · Funcionario da Administración local

Daniel Cando Cando · Xubilado

Esther Caramés Medín · Prexubilada

Elena Cardezo Añón · Avogada

Iago Carro Patiño · Arquitecto investigador

Xosé Castro Montero · Pensionista precario

Lis Corrales Ferreiro · Mestra

María Cousillas Mejuto · Auxiliar de enfermería

Alejandra de Diego Lata · Avogada

Margarita de la Cierva Álvarez de Sotomayor · Administrativa

Claudia Delso Carreira · Activista cultural

Mariano E. Fernández Cabarcos · Radiofonista comunitario

Olivia Fernández Feijoo · Arquitecta

Belén Fernández Suárez · Profesora universitaria

Xulio Ferreiro Baamonde · Profesor da UDC

María Fraga Pazos · Perruqueira canina

Rocío Fraga Sáenz · Socióloga e activista feminista

Tono Galán Fuentes · Artista

Elisa Gallego Picard · Arquitecta e ilustradora

Pablo Gallo Real · Debuxante e pintor coruñés residente en Bilbao

Concepción García · Arquitecta urbanista

Miguel Garea Garea · Economista

María Luísa Gómez Gómez · Docente xubilada

Antón Gómez-Reino Varela · Economía social / Técnico ambiental

Rosendo González Núñez · Filósofo e traballador agrícola na emigración

Alberto Herrero García · Especialista en TIC

Macario Iglesias · Arquitecto emigrado

Carolina Jack Lago · Cooperativista e arquitecta

Diego Jiménez Mirayo · Técnico en Cooperación

José Lado Fernández · Procurador

Santiago Lamelo Fagilde · Informático

Oliver Laxe · Cineasta

Aníbal Ledo Patão · Administrativo

Pablo Leira Canedo · Enxeñeiro informático

Alberto Lema · Escritor

Arturo Lezcano González · Xornalista

Pepe López Rey · Profesor da UDC

Javier Martín · Coreógrafo

Iago Martínez · Xornalista

Carolina Martínez García · Arquitecta técnica

Alfonso Mascuñana Bordas · Profesor xubilado

Victoria Mejuto Vilas · Auxiliar de enfermería

Óscar Méndez Souto · Parado

Miriam Mera Montecelos · Administrativa de seguros

Xoán Mosquera · Universitario e arquitecto

Silvia Mosquera Miras · Socióloga en desemprego

María Jesús Muíños Perdiz · Ama de casa

Ana Neira Pena · Estudante de doutoramento

Pablo No Couto · Avogado

Iria Otero García · Monitora sociocultural en museos

Francisco Javier Oviedo Lareu · Xubilado do metal

Ana María Parrondo · Enfermeira

Claudio Pato · Empregado de Correos e poeta

Marta Paz Naveiro · Creativa emprendedora

Begoña Peche Herrerías · Traballadora do sector téxtil

Sabela Pérez · Mestra

Ramón Pérez Basich · Transportista

Antía Pérez Caramés · Profesora da UDC

Pablo Pérez Golpe · Arquitecto sen papeis

Enrique Pérez Lijó · Estudante

Antón Pérez Rodríguez · Empregado público da Administración Xeral do Estado

Rubén Pérez Sueiras · Activista antitaurino

Marina Poloni · Xornalista en desemprego

María José Reino · Sanitaria

Cibrán Rico López · Editor e deseñador

Manuel Rivas · Escritor

Roberto Rivas España · Bombeiro

Vanessa Rivas Maceiras · Actriz na corda frouxa

Natalia Yanaína Rivas Quarneti · Terapeuta ocupacional e investigadora predoutoral

María Josefa Rivera González · Funcionaria Saúde Pública

María Gema Rivera González · Enfermeira do Sergas

Daniel Rodríguez Cao · Traballador da hostalería

Francisco Javier Rodríguez García · Arquitecto

José Miguel Rodríguez Paz · Prexubilado

José Manuel Sánchez Vizcaíno · Arquitecto e cooperativista

José Manuel Sande García · Traballador do CGAI e escritor cinematográfico

Juan Manuel Seoane · Vendedor da ONCE

Celeste Seoane Míguez · Profesora de Árabe e xornalista

Inés Sotelo Viana · Administrativa

David José Soto Díaz · Investigador

Rodri Suárez · Xornalista

Cathryn Teasley Severino · Profesora da UDC

Paula Tomé Espiñeira · Filóloga, activista feminista e dos dereitos das persoas con diversidade psíquica

Jurjo Torres Santomé · Catedrático da UDC

Xiao Varela Gómez · Arquitecto e cooperativista

Anxo Varela Rubio · Docente

José Villar de la Riera · Avogado

 

Asina o manifesto:

Nome

Apelidos

Correo electrónico (non será público)

DNI ou similar (non será público)

Actividade

Provincia

Localidade

Quero agochar o meu nome no listado de asinantes
NonSi

27 comments

  1. Todo o poder para o pobo. Nada sobre nos sen nos!

  2. Parafraseando a Rei Zentolo: EU TAMÉN SON UN CONCELLEIRO!!!!

  3. Por unha coruña de todos e de todas

  4. Se vai ser, que sexa

  5. * Sumando, PODEMOS conquerir o que desexamos. ¡Pola Unidade!

  6. Esta moi ben o manifesto… pero sumar asinando e prácticamente facer nada. Como podemos colaborar/participar/axudar de maneira activa?

    • Asinar é un primeiro paso, Jorge. A semana vindeira presentaremos publicamente a iniciativa e a abriremos á participación de todas e todos.

  7. ¡Eu non asino as vosas proclamas feixistas! Nós os coruñeses non precisamos de salvadores da patria. Amamos as nosas linguas e a nosa cidade, ídevos a Sant-Yago a facer país ¡¡Os acomplexados sodes vos!!¡ A raña-la por Lavacolla abaixo, renegados!

  8. Nunha man a fouce e noutra man a oliva.

  9. A Maré Atlântica é a minha maré e banha a minha pátria! Galiza ceibe

    GALIZA

    Desde os tempos livres, gallaecia celtica,
    Do pisar do chão druídico Atlântico
    Clama o nosso povo a Liberdade
    Roubada por um povo estranho e bruto!

    Ah! Grandiosa Galiza megalítica
    Livre do escuro espanhol opressor,
    Tu, que foste o Reino Kalaikós
    Das Letras, dos Sábios do amor…

    Do inferno, da dor, da tirania,
    Exalam da Galiza Altas Vozes!
    São cantares ancestrais da Galeguia
    Avisos da Mãe Poema Rosalia…

    Sobre os ossos dos avós da nossa Terra,
    Passeia a bruta gente degradante
    Roubando a nossa língua à nossa Gente
    Trazendo ao nosso povo infâmia e guerra!

    Que o clamor do nosso povo, dividido,
    Seja ouvido pelos homens bons do mundo
    E um deles, filho nosso, nosso Clã,
    Connosco queira à Terra Nossa Breogã!

    Lutam os galegos das letras dos arados,
    Lutam nas cidades nas vilas nas aldeias,
    Lutam pelo sol nos olhos espantados,
    Lutam p’la Galiza perfumada com ideias…

    Estende-se a Galiza por montanhas
    Planícies e seus vales com cimeiras…
    Dos mil-rios, rias-baixas, Fim-da-Terra,
    São expulsos os galegos das aldeias!

    Agigantam-se os Heróis da nossa Terra!
    Ondas de revolta expandem-se no ar…
    Levanta-se o povo a gritar e a cantar
    Que o ocupante negro e bruto haverá de expulsar!

    AGM

  10. Para todos, todo
    Nada para nós
    O pobo manda e o governo obedece
    Ser marea q asole corrupción

  11. Sería moito pedir un manifesto sen grallas?

    • Axúdanos. Cales son as grallas?

  12. “os estamos a padecer nós, o 99%” (castellanismo curuñés) En galego un pronome nunca inicia unha frase afirmativa salvo xustaposición ou precedido dun “que”
    “Estamos a padecelos nós”

    “Que coa escusa da crise se están”
    En galego: “estanse” Segundo o contexto mais ben “estase”

    “percorrer as rúas se propón”
    en galego: Proponse

    Nunha ollada achei estes, mais non estaba mal que o revisase algún filólogo ou filóloga.

    • Nos tres casos trátanse de oracións subordinadas (comezan por un “que”), o que implica que o pronome sexa proclítico.
      Certo é que o afastamento entre a partícula que e o pronome poderían implicar que a posición enclítica tampouco fose incorrecta, mais coido que non se pode dicir que sexan grallas.

  13. O manifesto dos asinadores profesionais de manifestos. Desde 2002 asinando manifestos para transformar a sociedade. Maniféstate… asinando o manifesto.

  14. O de asinar con nome, apelidos e profesión (sobre todo pola profesión: ¿acaso iso é o que define á persoa?) resulta xa sospeitoso: do que se trata é de constituir un lobby, o cal queda claro polo feito de sinalar os “99 primeiros” singularizándoos do resto. Por outra banda, algúns destes 99 notables son “profesionales do descontento”, que se apuntan a todo o que arrecenda a “subversión” e en primeira linea da manifa, pero sin ter claro cales son as súas ideas. Ideas son o que faltan neste manifesto, que se define dialécticamente “en contra de” e non “a favor de”, razón pola cal tamén fracasou o 15M. Sen programa, escusades todo este despregamento estético, o vacío político do que disfrutan do pracer de sentirse Militantes, pese a non ter argumentos nin propostas. Moita sorte en calqueira cas.

  15. Todas as formas de corrupción que padecemos artéllanse en torno a unha sóa: a crise de decencia. Se acadamos encher as institucións de xente honesta, capaz, constante, e traballadora, que vele polo ben común, e afaste a política de intereses particulares, teremos dado o paso clave. E a partir de entón, virá o resto, comezando pola erradicación do clientelismo e a corrupción que fan que a democracia non exista, ao non ser libre o voto. A unión das forzas que defendemos esta vía, a da soberanía real do pobo fronte aos parásitos mediocres actuais, é indispensábel. Busquemos puntos de encontro, que ao cabo e a curto prazo son todos, e avante toda, sen présa, sen pausa.

    Para todas/os, todo.

  16. Si a miña axuda pode servir de ou en algo, por min que non quede.
    M.

  17. Don Naide, deixate de poñer pegas e asina si estás de acordo, en caso contrario non deas a vara.

  18. Bolcheviques repugnantes, minoría fanática que pretendéis representar a la mayoría y a la gente decente. ¿No tenéis vergüenza después de tanta sangre que habéis derramado y de tanto sudor y lágrimas necesarias para lograrlo? Volved a vuestras tristes cavernas a rumiar vuestro odio de resentidos

  19. Roxos resentidos. Sodes bolcheviques sen vergoña. Tanto sangue inocente por vos derramado. Voltade as vosas cavernas a rumia-lo voso odio e a vosa ruindade. Tantas veces como saides, tantas veces coma os voltaremos a vencer.

  20. Xa asinei hai varios días. Por favor, quitade ese punto de despois do sinal de interrogación, que manca os ollos.

  21. E de xustiza

  22. preguntome, como é posible que xente de oleiros teña tanto interese en ser promotor dunha candidatura na coruña. e por certo a mitade das sinaturas son da fora da coruña.

    • Iso habería que preguntarllo á xente de Oleiros que asina, ¿nonsi?. Por certo, a metade son 5 de cada 10, non 5 de cada 100.

      Esa aritmética…

  23. Ahora sí. Dignidade e participación para todos/as os coruñeses/sas. Ánimo