Concello

1442848796014_860_1000_U_84c41793f5ef8b1b2ab988889ee4f5a

O goberno da Coruña concedeu máis de 1.000 autorizacións de actividade nos tres primeiros meses do ano

Os datos deixan clara a mentira da parálise: Entre xaneiro e marzo déronse 228 licenzas de obra, 450 autorizacións de obra e 368 licenzas de apertura

En marzo, A Coruña foi a cidade galega que máis reduciu o paro, con 137 persoas desempregadas menos

 

Entre xaneiro e marzo de 2017, o goberno da Marea Atlántica na Coruña concedeu un total de 1.046 autorizacións urbanísticas para obras, reformas e aperturas de negocios. O mes no que máis expedientes se resolveron foi marzo, con 438, seguido por febreiro con 326 e xaneiro con 282. Mentres algúns teiman en repetir a mentira da parálise, o goberno municipal traballa.

Por categorías, concedéronse 228 licenzas de obra —das que 89 pasaron por Xunta de Goberno e 139 foron resoltas polo director de Rexeneración Urbana— e 450 autorizacións de obra con comunicación previa. No que respecta ás licenzas de apertura de apertura de negocios, foron 368 as concedidas neste primeiro trimestre.

Cómpre lembrar, tamén, que nos 18 primeiros meses de mandato o executivo local deu mil autorizacións urbanísticas máis que o PP no seu último ano e medio. E fíxoo sen incorrer en ningún tipo de irregularidade, como as que levaron ao Concello a ter que pagar entre 3 e 4 millóns de euros ao ano por sentenzas contrarias. A permisividade urbanística págase despois con cartos públicos.

 

A Coruña lidera a redución do paro en marzo

Nestes días tivemos aínda outra boa nova. O paro rexistrado reduciuse na Coruña en 137 persoas durante o mes de marzo, a cifra máis alta de todas as cidades galegas. Na área metropolitana, o descenso do desemprego foi de 252 persoas con respecto a febreiro. Un bo dato, pero que pode e debe seguir mellorando.

Moitas son as causas desta mellora no emprego, é quede claro que a nosa intención non é atribuirlla en exclusiva ao traballo do goberno municipal. Pero si amosa que A Coruña segue a ser unha cidade viva, activa e de referencia en Galicia, fronte a quen insiste en pintar imaxinarias naturezas mortas. A presunta parálise non se ve por ningures.

Have your say