Saltar ao contido

Marea de Fóra: tan lonxe, tan preto

Xente da Coruña que, pola razón que sexa, vive fóra de Galicia pero quere sumarse á Marea Atlántica? Está argallándose unha marea nova á que chaman Marea de Fóra: quere activarse, prepara grupo en facebook e unha reunión o vindeiro Nadal. En representación dela, Toni, Sergio e Lucía enviaron estes fragmentiños de vídeo que, xuntos, xa avanzan unha corrente nova, tan lonxe e tan preto.

Un dos momentos máis esperanzadores no acto do pasado 17 de outubro, no Paraninfo da Universidade, foi escoitar as súas voces e recibir os seus azos a prol dunha Marea cidadá que non fai máis que espallarse e subir. A Marea somos moitas. Estamos en moitos lugares. O desexo que nos une é un aire novo para esta cidade. Dende dentro. E dende fóra.

 

_MG_7130 (1)

intervencións :: acto do Paraninfo | Marea de Fóra