Novas da Marea

Inicio dos contactos cos grupos municipais

Rede 29 maio

A Marea Atlántica designou este venres 29 de maio na Rede un grupo de traballo que desde a próxima semana establecerá os contactos cos grupos políticos municipais. O obxectivo, acadar o máximo apoio na investidura, considerando que existen cuestións programáticas e metas compartidas co PSdeG e o BNG, como a transparencia ou a participación. Sendo complicado, a Marea tentará tamén acadar o respaldo do PP, ou cando menos a súa abstención. A intención da Marea será asumir o goberno en solitario, e manter un diálogo constante.

En canto á Deputación, as municipais amosaron que a xente votou por outra política e outras políticas, e a Marea vai ser consecuente con esa encomenda facilitando un cambio, aínda que sen intención de entrar no goberno provincial.

Podes escoitar aquí as declaracións do candidato da Marea Atlántica á alcaldía, Xulio Ferreiro.

Have your say