Saltar ao contido

Xulio Ferreiro: “Queremos que a xente, como a do Campanario, tome o control e propoña o que quere para o barrio”

O candidato da Marea Atlántica á alcaldía participou nun encontro aberto coa veciñanza do barrio do Campanario acompañado de Ramón López Basich, histórico activista do barrio e que ocupa un dos postos honoríficos do tramo final da lista da plataforma cidadá

 

O candidato da Marea Atlántica á alcaldía da Coruña, Xulio Ferreiro, apostou por dar voz aos veciñas e veciñas do barrio do Campanario, no Portiño, para equiparar esta zona co resto de barrios da cidade. “A xente que vive no Campanario son veciños e veciñas como os demais. Todos temos que ser iguais porque os cartos do Concello son de todos e todas, de quen vive na rúa Real ou nos Cantóns pero tamén no Campanario e hai que repartir por igual para todo o mundo. Do que se trata e o que defende a Marea é que podades tomar o control, propoñer as cousas que queredes para o barrio e que estas poidan saír adiante”, subliñou o cabeza de lista da plataforma cidadá nun encontro aberto coa veciñanza do barrio.

Na xuntanza estivo presente o histórico activista Ramón Pérez Basich, que foi durante anos presidente da asociación veciñal do Campanario, e que forma parte da lista da Marea como candidato de honra, no número 25. “Conozco a mucha de la gente de la Marea y sé que van a trabajar. Voy a poner la cara por ellos porque sé que van a trabajar, confío plenamente en esta gente y sé que si salen elegidos van a estar del lado de los vecinos y vecinas de aquí y de todos los barrios más necesitados de esta ciudad. Estoy convencido de que todo lo que harán por el Campanario será bueno”, declarou.

Tamén interveu o arquitecto Xiao Varela, número tres da plataforma cidadá, que declarou que “unha das razóns que me levaron a embarcarme na Marea Atlántica foi a de poñer solución aos problemas que tedes aquí, que me tocan especialmente. Vivinos de preto e penso que, coa Marea, hai posibilidade de que rematen os cincuenta anos de ninguneo á xente do Campanario por parte do Concello”.

#HaiMarea no Campanario