Mareas

#HaiMarea na Cultura

Venres, 24 de abril, ás 19:00 h nos Xardíns de Méndez Núñez

#HaiMarea na Cultura

 

A Marea Atlántica ten un proxecto para A Coruña: quere unha cidade democrática, xusta, transparente e sostible. E sabe como poñelo en práctica.

Sabemos o que queremos, e o vindeiro 24 de maio temos unha oportunidade histórica para gañar María Pita para a cidade e facer realidade este desexo común, mais só coa túa participación ten sentido andar este camiño. Por iso, a Marea sae ás rúas, para falar e escoitar á cidadanía, para fortalecer un proxecto que non para de medrar.

Este venres día 24 de abril ás 19.00 horas (xardíns de Méndez Núñez, estatua Curros Enríquez) a Marea presenta o seu programa no bloque de contidos denominado CULTURA, MEMORIA E IDENTIDADES.

HaiMarea na Cultura

 

As medidas expostas son froito do longo traballo desenvolvido nesta área por moitos dos seus membros, especialmente a Marea da Cultura, primeiro grupo de traballo sectorial activo na Marea Atlántica, unha labor exemplificada rapidamente mediante unha elaboración de propostas e ideas, así como unha diágnose da situación habida iniciada xa en setembro de 2014.

Nun acto moderado pola escritora Estíbaliz Espinosa, o candidato da Marea Atlántica  Xulio Ferreiro Baamonde, acompañado por outras persoas da candidatura e varias mareantas, presentarán e explicarán as liñas nas que se basea o programa. Tamén estarán dispoñibles para debater e responder ás cuestións ou dúbidas das persoas asistentes, dando lugar a un encontro aberto en torno a un tema ben relevante, que despóis da xestión municipal exercida no último mandato convertiuse nun servizo público en estado de abandono. Dende a Marea Atlántica entendemos que é unha ocasión importante para que a veciñanza poda sentirse apeladas por esta área, vencellada a outras moitas (educación, ciencia, memoria, lingua ou deporte e políticas do corpo), esenciais tanto para o crecemento persoal e colectivo como para a difusión dunha pedagoxía crítica.

É polo tanto o noso desexo convidarvos a un acto no que resultan esenciais conceptos hoxe desaparecidos da vida cultural institucional da cidade, como participación, pluralidade, transparencia ou legado, todas elas liñas mestras do proxecto cidadán e horizontal da Marea Atlántica.

Have your say