Saltar ao contido

Os comentarios están pechados.

 

Hai unha emoción primordial en ver unha gran onda que chega a unha praia. Algo que nos lembra de onde vimos e nos convida a navegar ese mar. Na Marea Atlántica acabamos de chegar a unha praia. E isto xa non hai quen o pare.

Como ben sabedes, o obxectivo das sinaturas acadouse -mesmo antes de tempo- e agora toca comezar unha nova etapa dentro do proceso da Marea Atlántica. Para contar a ruta que levamos feito xuntas e abrir este novo rumbo queremos convidarvos a un gran Acto Público, que terá lugar o día 17, este venres, no Paraninfo da Universidade de A Coruña (na Maestranza) ás 19:00h.

Pretendemos que este gran acto non sexa só informativo, senón tamén o momento de celebrar conxuntamente que nos achegamos ao obxectivo final: colaborarmos no reforzo dunha cidadanía crítica e participativa da Coruña, que se achegue á toma de decisións a nivel municipal, tomando María Pita e sacando María Pita á rúa co devezo de artellarmos unha nova revolución democrática.

Queremos que veñades todas as persoas que sentides curiosidade polo proceso, as que queirades participar nel, as que xa participades e as que creades que é posible materializar, dalgún xeito, este desexo común.

Así que se queres mollar os pés nesta nova praia -por que non?- súmate.

14_10_17_A3_ACTO PUBLICO

 

Hai Marea | Acto Público no Paraninfo