Concello

Participacion_Agora

Gobernos máis transparentes e participativos

Representantes das áreas de Participación e Transparencia dos concellos de Santiago, Ferrol, Sada, Madrid e A Coruña reuníronse no Centro Ágora para intercambiar experiencias e coordinar actuacións

 

A concelleira de Participación e Innovación Democrática da Coruña, Claudia Delso, presidiu no Ágora unha xuntanza con representantes dos concellos de Santiago, Ferrol, Sada e Madrid para partillar e coordinar actuacións en materia de participación cidadá e transparencia. O encontro súmase ao celebrado en Madrid o mes pasado no que comezou o traballo en rede con Barcelona e Zaragoza que agora se amplia a varios concellos galegos.

O concelleiro madrileño, Pablo Soto, mostrouse partidario de uniren esforzos varias corporacións municipais para promover unha normativa concordante e para abaratar custos. Como exemplo, sinalou as actualizacións tecnolóxicas que deben acometer as administracións municipais. Será máis eficiente desenvolver ferramentas informáticas entre todos que facelo cada un por separado.

Os concellos participantes manifestaron o seu desexo de levar a cabo durante a presente lexislatura iniciativas pioneiras neste ámbito e que forman parte dos programas e das inquedanzas dos gobernos saídos das urnas o pasado mes de maio.

Claudia Delso celebrou o compromiso de compartir cos outros concellos representados recursos, códigos, información e praxe aproveitando as posibilidades de cooperación nun ámbito no que na Coruña hai moitísimo por facer. Como en tantos outros.

Resulta evidente que á marxe do tamaño de cada concello moitos problemas, moitas insuficiencias e moitas demandas da cidadanía teñen zonas en común con vistas a unha vida municipal que camiñe na dirección da transparencia e do protagonismo da xente na administración que lle é máis próxima. E facelo compartindo estratexias, experiencias, recursos e liñas de traballo.

A presenza de concellos de gran dimensión nesta operación de código aberto pode render moitos beneficios para outros de tamaño medio ou pequeno polo que a actuación en rede e compartida foi vista polos participantes como estimulante e moi beneficiosa.

1 comment

  1. ¿Y por qué, en aras de la transparencia, la racionalización del gasto, la comodidad y una mejor atención al ciudadano no le echan vds. un par de huevos y propugnan una unión de municipios, en vez de hacer las cosas todos iguales (cosa que no veo clara, ya que las circunstancias pueden no ser las mismas en distintos ayuntamientos)? Todos los limítrofes con Coruña en un ayuntamiento único con un alcalde elegido por los ciudadanos, con representantes de esos exayuntamientos. Al estilo de Londres.

    Lo único que se ha visto y oído hasta el momento en Mareas, Ahoras, Comunes y Podemos es puro y duro postureo de cara a la galería y poca política de verdad. ¿Será que no quieren hacerlas para no arriesgarse a cagarla de cara a las generales? Pues estamos bien.

    Responder

Have your say