Saltar ao contido

Nos últimos 18 meses do mandato do Partido Popular concedéronse 5.026 títulos habilitantes para obras. E nos primeiros 18 meses da Marea Atlántica, 6.158

“Falemos de feitos”, dixo o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, no pleno ordinario do Concello da Coruña celebrado o 6 de marzo. Respondeu así a unha das mocións presentadas polo Partido Popular, na que tentaba, unha vez mais, sementar dúbidas sobre o traballo do departamento urbanístico municipal. Fronte ao retrouso mentireiro da “parálise”, Varela ofreceu datos.

Existen dous tipos de títulos habilitantes que permiten executar obras nunha cidade, as licenzas e as comunicacións previas. Nos últimos 18 meses de goberno do Partido Popular na Coruña, concedéronse 5.026 autorizacións. E nos primeiros 18 meses de goberno da Marea Atlántica, outorgáronse a 6.158, mil máis que nos tempos dos que presumían de boa xestión. Dun lado, limpeza e transparencia. Doutro, a máquina de enlamar.

É importante sinalar que estas cifras conseguíronse sen renunciar ao máis escrupuloso respecto á legalidade. Remataron os tempos da “manga ancha” coas obras e proxectos na cidade. Non se pode tolerar nun concello que paga cada ano entre 3 e 4 catro millóns de euros por sentenzas que castigan desfeitas urbanísticas. Cartos públicos malgastados pola mala xestión de gobernos anteriores. Ai quen ten morriña deses tempos, pero non se van repetir mentres a Marea Atlántica estea no executivo municipal.

 

De túneles faraónicos e rotuladores vermellos

No pleno falou Xiao Varela, e falou ben, lembrando que o PP pode dar poucas leccións en canto a políticas urbanísiticas. O seu legado é, sinxelamente, nefasto: “Un túnel faraónico defectuoso, un desaloxo salvaxe no Ofimático, un urbanismo privatizador de rotulador vermello, que permitiu a venda da Solana”.

O Goberno da Marea deu mil autorizacións urbanísticas máis que o PP en ano e medio