Equipo de Goberno

Xulio Ferreiro

Xulio Ferreiro Baamonde

  • Alcalde: Transparencia, seguridade cidadá, asesoría xurídica, política lingüística e coordinación do goberno.
  • Remuneración: 40.000 € brutos/ano
  • Xefe de gabinete da Alcaldía: Iago Martínez Durán (35.000 € brutos/ano)
  • Gabinete de Comunicación:
    • Xefe de prensa: Rodri Suárez (32.000 € brutos/ano)
    • Redactora: Alba Barbadillo Vázquez (28.000 € brutos/ano)
    • Redactora: Lucía Pita Gutiérrez (28.000 € brutos/ano)
    • Redactora: Cristina Díaz Pardo (28.000 € brutos/ano)
    • Fotógrafa: Sandra García Rey (28.000 € brutos/ano)
    • Fotógrafo: Andrés Pérez Gómez (25.000 € brutos/ano)

Profesor de Dereito Procesual na Universidade da Coruña, deportivista e coruñés do barrio dos Mallos dende 1974.

Rocio Fraga

Rocío Fraga Saénz

  • Concelleira de Igualdade e diversidade: Igualdade, colectivos minoritarios e minorizados, planificación familiar e loita contra as violencias machistas.
  • Deputada provincial
  • Remuneración: 35.000 € brutos/ano
  • Asesora: Carmen Castro García (32.000 € brutos/ano)
Socióloga experta en xénero, emprego e participación cidadá. Activista feminista e de diversos movementos sociais da cidade e do país.

Xiao Varela

Xiao Varela Gómez

  • Concelleiro de Rexeneración urbana e dereito á vivenda: Urbanismo, infraestruturas e equipamentos, vivenda e ordenación do porto.
  • Remuneración: 35.000 € brutos/ano
  • Asesora: Concepción García García (32.000 € brutos/ano)
  • Asesor: Xoán Mosquera Muíños (28.000 € brutos/ano)
Pai. Arquitecto. Socio da Cooperativa Habitat Social. Adicado á construción natural, ao urbanismo participativo e á intervención comunitaria.

Silvia Cameán

Silvia Cameán Calvete

  • Concelleira de Xustiza social e coidados: Servizos sociais, educación e sanidade.
  • Remuneración: 35.000 € brutos/ano
  • Asesora: Carmen Villar Cures (32.000 € brutos/ano)
Nacín no ano 87 no seo dunha familia obreira galega. Feminista e avogada. Son porque antes outras foron e loito porque mañá outras sexan.

José Manuel Sande

J. Manuel Sande García

  • Concelleiro de Cultura, deporte e coñecemento: Cultura e coñecemento (incluída Escola Municipal de Música), deporte, Memorias (incluídos Museos) e IMCE.
  • Remuneración: 35.000 € brutos/ano
  • Asesor: Xulio Vázquez López (32.000 € brutos/ano)
Programador do CGAI-Filmoteca de Galicia. Escritor cinematográfico. Parte de Luzes e Galiza Ano Cero. Xestión e coñecemento do sector público.

Eugenia Vieito

M. Eugenia Vieito Blanco

  • Concelleira de Facenda e administración: Facenda, tesourería, persoal, contratación, concesións e informática.
  • Remuneración: 35.000 € brutos/ano
  • Asesor: Emilio Nogueira Moure (32.000 € brutos/ano)
Persoal de Administración e Servizos da Universidade da Coruña. Licenciada en Dereito. Mestrado en Xestión de Políticas Públicas pendente da tese. Membro da xunta de persoal de PAS da UDC. Pero sobre todo, mareanta.

Alberto Lema

Alberto Lema Suárez

  • Concelleiro de Emprego e economía social: Traballo e emprego, actividade económica, comercio, mercados e feiras, consumo e actividade comercial portuaria.
  • Remuneración: 35.000 € brutos/ano
Licenciado en Filoloxía inglesa, escritor e covoceiro de Anova na Coruña e membro da Executiva Nacional da CUT, e da Executiva Local coruñesa do mesmo sindicato.

Claudia Delso

Claudia Delso Carreira

  • Concelleira de Participación e innovación democrática: Innovación democrática, participación cidadá, descentralización de distritos e barrios, mocidade e centro municipal de información xuvenil (CMIX).
  • Deputada provincial
  • Remuneración: 35.000 € brutos/ano
  • Asesora: Natalia Balseiro Rodríguez (32.000 € brutos/ano)
Mediadora cultural. Mestra de psicomotricidade e teatro. Autoxestión e prácticas colaborativas. Artes Escénicas. Políticas do corpo.

Daniel Diaz

Daniel Díaz Grandío

  • Concelleiro de Mobilidade sostible: Mobilidade e accesibilidade, tráfico, concesións de dominio público e transporte (inclúe parque móbil municipal).
  • Portavoz na Deputación
  • Remuneración: 35.000 € brutos/ano
  • Asesor: Eduardo Yoldi Erviti (32.000 € brutos/ano)
Pai formado en enxeñaría civil e estudos do territorio, apaixoado polo transporte público e mobilidade sustentable.

María García

María García Gómez

  • Concelleira de Medio ambiente: Medio ambiente, xestión de residuos e limpeza.
  • Remuneración: 35.000 € brutos/ano
  • Asesora: Verónica Campos García (32.000 € brutos/ano)
Técnica de medio ambiente, activista sen dogmas. Emigrante retornada, con ilusión por construir colectivamente unha cidade máis amable.