Mareas

Marea Viva | Propostas de traballo

A Marea Atlántica é imparable e bate nas costas.

Logo de sete días de xuntanzas, deliberacións e pulido nas engrenaxes que devolvan a participación ao 99% da veciñanza, varios equipos de traballo presentan documentos de proposta nas 3 liñas definidas: Primarias e Programa Participativo, Código Ético e Forma de Goberno.

Tres mecanismos de implicación, transparencia e honestidade para o goberno municipal da Coruña._MG_7399

 

Tal e como se fixara no Regulamento e no Calendario da Marea Viva, dende hoxe até o 4 de febreiro pódense consultar esas propostas, así como votalas. Os equipos redactores tamén serán quen de facer transaccións e negociar puntos de cada proposta entre eles: un encaixe de Camariñas colaborativo para afinarmos o mecanismo até o detalle.

A tal fin, abrimos un espazo de participación na web con acceso aos 12 documentos de traballo que perfilan os nosos desexos compartidos:camiñar para escoitar, gobernar para obedecer as maiorías sociais, participar da vida política sen esclerosarse nin esclerosala: garantíndoa un servizo e non un beneficio.

Levamos varios meses organizando un desexo que pasa por airear vellas instancias de poder cambiando as regras de xogo, a comunicación entre poder e cidadanía. Fóra mafias, tinglados e o negocio da política.

Fóra as inercias que converten a xestión municipal nunha torrada, desas que caen sempre do lado polo que se lles unta.

Fóra o poder enrarecido. Aquí sopra vento. Estamos Entre Mareas, ventando a Marea Alta. Participa!!

 

_MG_8428 _MG_7748 _MG_7740

1 comment

  1. Por fin esto colle forma e vese a luz o final do tunel. Noraboa a todos os implicados.

    Responder

Have your say