Mareas

Marea Viva | Agardamos as vosas propostas

Pasamos unha Marola, pero nin moito menos a mar toda. Queda traballo e estamos a pleno rendemento. A Marea Atlántica clausurou a súa primeira escala da Marea Viva -a Marea Baixa– este mesmo domingo, chea de ilusións, ideas e o desexo de cambiar a nosa cidade, un desexo máis común e forte que nunca.

Hoxe comeza Entre Mareas, fase que se estenderá até o 5 de febreiro, un momento de reflexión, elaboración e redacción de propostas para as tres liñas de debate abertas: Primarias e programa participativo, Código ético e Forma de goberno.

Estamos nun proceso longo xa que trata de socavar formas políticas fosilizadas: un traballo de arqueoloxía e reconstrución entre moitxs. Seguimos adiante dando forma a unha nova relación entre cidadanía e goberno local. A Marea non descansa.

Para aquelas persoas que queiran presentar propostas, aquí temos unhas instrucións a seguir. Agardamos as vosas voces e ideas. Ánimo a todas! Que hai marea!

_MG_5664_MG_7394

 

Que teño que saber para participar na fase de propostas da Marea Viva?

 

  1. O regulamento completo de participación na fase de propostas da Marea Viva está publicado nesta mesma web da Marea Atlántica. Tamén o podes descargar en pdf.
  2. O prazo para presentar propostas, enviándoas nun dobre formato (pdf e documento de texto) a mareaviva@mareatlantica.org,remata o vindeiro 20 de xaneiro ás 23.59 horas. No envío deberán constar canto menos un teléfono e un correo de contacto.
  3. Cada proposta ten que ir asinada por un equipo de cinco persoas, non podendo pertencer todas elas a un único grupo de traballo nin a unha única marea sectorial ou de barrio. Este equipo pode empregar un nome xenérico ou lema.
  4. Hai tres liñas de traballo: Primarias e Programa Participativo, Código Ético e unha terceira, máis ampla, que chamamos Forma de Goberno.
  5. Cada persoa só poderá asinar unha proposta en cada liña de traballo, non sendo obrigatorio presentar propostas nas tres. Na Marea Alta realizaranse tres votacións independentes, unha por cada liña de traballo.
  6. Para cada liña de traballo desenvolvemos un guión-marco coa intención de estimular a presentación de propostas e facilitar os acordos entre equipos redactores. Estes documentos están publicados na páxina web da Marea Atlántica, onde os podes descargar tamén en pdf: aquí o de Primarias e Programa Participativo, aquí o de Código Ético e aquí o de Forma de Goberno.
    1. Os guións-marco conteñen criterios a seguir e, sobre todo, preguntas que as propostas deben responder. Algunhas destas preguntas son obrigatorias, e como tal están marcadas, outras son suxestións ou meras axudas. As propostas que non respondan as preguntas obrigatorias non serán admitidas a trámite.
    2. Estes guións-marco son unha referencia. Axustarse á súa estrutura facilitará o diálogo entre equipos redactores, e por iso respostaranse as súas preguntas na mesma orde na que se atopan nos documentos.
    3. As propostas poderán engadir contidos non recollidos nos guións-marco ao final de cada apartado.
    4. Ante calquera dúbida, podes escribirlle á Mesa de Arbitraxe, o órgano encargado de garantir a seguridade e a igualdade de oportunidades deste proceso, ao correo mareaviva@mareatlantica.org

_MG_5647

1 comment

  1. Bos dias, queria preguntar se existe a idea de crear unha marea de comercio de proximidade ou algunha outra marea que poida enfocarse au traballador autónomo.

    Saudos cordiais

    Responder

Have your say