Saltar ao contido

A Marea Atlántica e o PSdeG-PSOE mantiveron o xoves 4 de xuño unha primeira xuntanza nun clima de entendemento.

Xulio Ferreiro e Mar Barcón, encabezaron a reunión formal que mantiveron as delegacións de ambas forzas para tratar cuestións referentes ao próximo mandato no Concello da Coruña. Desde o PSdeG-PSOE ratificaron a súa anunciada intención de apoiar a investidura de Ferreiro como alcalde na sesión do próximo 13 de xuño.

A reunión, que se estendeu durante 45 minutos, desenvolveuse nun clima de cordialidade e entendemento entre as partes, que trataron tamén algunhas cuestións políticas, nas que existe un principio de clara sintonía entre a Marea e o PSdeG-PSOE, que volverán a reunirse o martes pola tarde.

Encontro da Marea Atlántica co PSdeG-PSOE