Saltar ao contido

A Marea de Fóra chega para confluír coas Mareas organizadas xa «na casa». Un encontro festivo no que seguirmos artellando o proceso da Marea entre os do Lado do Aquén e o Lado do Alén.

Serán dúas sesións o sábado 27 de Nadal, sesións das que vos informaremos en datas próximas por se queredes sumarvos e coñecer un pouco máis as nosas ideas, procesos e obxectivos.

Non é preciso que traiades turróns El Almendro. Abonda coa curiosidade e a determinación por mudar as cousas.

Se queres informarte ou sumarte desde onde esteas, escríbenos a mareadefora@mareatlantica.org

Somos atlánticas. E somos de todas partes.

Células [mareiras] de universalidade.

photo_2014-12-11_11-25-05

«A emigración é unha realidade que volta a golpear intensamente na Coruña. Somos moitos e moitas as que nos vimos na obriga de marchar da nosa cidade para buscar un futuro laboral ou vital fóra. Algúns preferimos autodenominarnos “exiliados” e “exiliadas” económicas. Becarios, titulados universitarios, profesionais de diferentes ámbitos que nos vemos na obriga de marchar, expulsados e expulsadas por unha realidade económica e laboral caótica, tamén na nosa cidade. Xente de diversas idades que temos que buscar, de novo, vida fóra.
Un grupo de coruñeses e coruñesas emigradas estamos a xuntarnos na #MareadeFóra para apoiar unha ferramenta de unidade popular e confluencia política que quer, que pensa mudar A Coruña “de vez”. E anunciamos que vamos xuntarnos, no próximo 27 de nadal, para coñecernos, compartir dúbidas e desexos e aportar o noso grao a unha cidade máis xusta, mellor. Unha cidade á que poidamos voltar. Se vives fóra pero queres facer da Coruña un lugar máis próspero para as e os que quedaron ou, simplemente, un lugar para voltar,

 

vén e súmate a #MareadeFóra.»

encontro da Marea de Fóra