Saltar ao contido

No marco da rolda de contactos con axentes colectivos da Coruña que lanzamos hai unha semana, a Marea Atlántica reuniuse onte cunha representación da Asociación de Veciños Cidade Vella, formada pola súa presidenta, Rosa Quiroga, e outros membros da súa directiva. Unha vez presentadas as liñas xerais do proceso de rebelión democrática que se propón, atendemos as súas preguntas e tratamos de resolver as dúbidas que puxeron sobre a mesa. Por último, animámolos a participar individualmente, non como entidade veciñal, na inminente Marea da Cidade Vella. Gustaríanos, e así llelo manifestamos, que na marea confluíse tamén toda a súa experiencia de loita e o seu traballo no barrio.

Encontro coa AVV Cidade Vella