Novas da Marea

encontro_mareagal

Participación no Encontro Cidadán por unha Marea Galega

O sábado 22 de agosto participamos no I Encontro Cidadán por una Marea Galega, onde explicamos a nosa posición sobre as próximas eleccións xerais. No encontro, que favoreceu o intercambio de experiencias, manifestouse claramente o desexo común pola confluencia e a necesidade de entendemento entre todas as partes.

O acto estivo dividido en dúas partes, unha con mesas de debate, nas que participaron diversos procesos municipalistas de todo o país xunto con varios movementos sociais e sindicais, e outra, xa pola tarde, plantexada para definir unha posible folla de ruta de cara a traballar no proceso de confluencia.

Unha xuntanza chea de boas intencións de moitas persoas que entenderon a importancia de que se produza un proceso de confluencia nas vindeiras eleccións xerais, falando das cousas que nos unen para poder traballar nelas e finalmente poder atopar un punto de encontro entre as organizacions sociais, políticas e persoas sen afiliación para facer fronte a unha situación moi preocupante. Mans tendidas a todo o mundo, sen exclusións e con propostas de traballo.

O Grupo de Apertura, seguindo co seu labor, continúa coa súa rolda de contactos e participando onde se nos invita para traballar por unha confluencia tal e como se definiu no noso documento aprobado en rede.

Have your say