Novas da Marea

En apoio ao persoal de Alcoa da Coruña

Para despedir a plantilla do centro de traballo da Coruña, a multinacional Alcoa presenta un ERE que choca frontalmente coa realidade da produción e rendemento da actividade da planta da nosa cidade. A multinacional ameaza con despidos masivos despois de ter obtido enormes beneficios tras o proceso de privatización iniciado por un goberno do Partido Popular (José María Aznar) en 1998. Achacan, ademais, a culpa ao custo eléctrico.

Mentres nun mercado liberalizado se especula e se subasta o kilowatio dun servicio esencial que debería ser público – o eléctrico- 395 cidadáns poderían quedar sen traballo ante a pasividade dos malos gobernos.

Mentres os gobernos local, da Xunta e estatal se inhiben das súas responsabilidades, entre todas estamos e estaremos en defensa dos postos de traballo: en apoio ao persoal de Alcoa.

Este venres 12, na praza da Palloza. Unha Marea diversa polo emprego de calidade na nosa cidade #TodasConAlcoa

10170850_919964844681977_7969529846863302567_n

 

Have your say