Saltar ao contido

Documento asinado polo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e os alcaldes e alcaldesas de Madrid, Zaragoza, Valencia, Valladolid, Arganda do Rei, Terrassa e Santiago de Compostela, no Encontro de Cidades pola Auga Pública

 

1. As alcaldesas e alcaldes presentes no Encontro de Cidades pola Auga Pública, celebrado en Madrid os días 3 e 4 de novembro, manifestamos o noso compromiso cunha xestión pública, transparente, participativa e sustentábel do ciclo integral da auga e comprometémonos a velar polos seguintes principios, así como polo cumprimento dos compromisos que deles se deriven para que sexan reais e efectivos:

2. Consideramos que a auga e os seus ecosistemas asociados son bens comúns que non poden ser obxecto de apropiación en beneficio de intereses privados. Todos os bens e recursos da natureza forman parte do patrimonio natural do planeta e son indispensábeis para o sustento da vida, o que nos obriga a preservalos e protexelos. Defendemos, por tanto, que deben xestionarse con criterios de solidariedade, sustentabilidade ambiental, cooperación mutua, acceso colectivo, equidade e control democrático, sen que se deban contemplar expectativas de lucro.

photo_2016-11-04_12-52-543. Asumimos plenamente que o fornecemento de auga para o consumo humano e o saneamento é un dereito humano que, de acordo co corpo doutrinal de Nacións Unidas, é indispensábel para vivir dignamente, sendo condición previa para a realizacións doutros dereitos fundamentais. Consecuentemente, o fornecemento debe ser provisto con carácter universal, garantindo un mínimo vital a todas as persoas e quedando prohibidos os cortes de subministración por motivos económicos ou sociais

 4. Entendemos que a xestión dos servizos de fornecemento e saneamentos ten que, ademais de ser necesariamente pública, promover novas formas de control social que garantan a transparencia, a información, a rendición de contas e a participación cidadá efectiva. Por iso apostamos por un modelo de xestión no que o ente público xestor destes servizos renda contas das súas actividades e actuacións, tanto aos poderes públicos como á cidadanía e que, tanto na xestións cotiá, como nos procesos de planificación e de toma de decisións, se estabelezan instrumentos de participación cidadá nos servizos vinculados ao ciclo urbano da auga, promovendo os consensos necesarios.

5. Consecuentemente, rexeitamos a privatización dos servizos do ciclo integral urbano da auga e apoiamos os procesos de remunicipalización que se están a levar a cabo en numerosas cidades e vilas para recuperar a xestión pública, democrática e transparente, que garanta a rendición de contas cara a cidadanía.

photo_2016-11-04_12-52-346. Asumimos que as Administracións Locais teñen a responsabilidade de adoptaren as decisións oportunas para asegurar a sustentabilidade do ciclo integral urbano, de acordo coa Directiva Marco da Auga europea, no ámbito ambiental, económico, social estrutural e de xestións. Poremos os medios adecuados para que, desde a xestión pública, se presten os servizos cumprindo cos estándares mais exixentes de calidade e eficiencia, garantindo unha xestión transparente na que participe a cidadanía.

7. Apoiamos a constitución dunha Rede de Cidades pola Auga Pública, que mediante un funcionamento horizontal entre todos os actores interesados na xestión do ciclo integral da auga (cargos públicos, operadores públicos, organizacións sociais, persoas expertas, cidadanía), permita o acceso á información e ao coñecemento, a posta en común dos problemas existentes e das experiencias levadas a cabo e a proposta de actividades de interese común.

Declaración pola xestión pública da auga