Mareas

SGR_20170220_galeria_marea_confianza_montealto_G88B4632

Confiamos na Marea: Debate aberto sobre A Coruña

Máis dun cento de persoas acudiron onte á libraría Fiandón, en Monte Alto, para falar da situación política da cidade tras a cuestión de confianza

“Non está en xogo só un goberno. Está en xogo un modelo de cidade no que as persoas son o primeiro”, afirmou o alcalde, Xulio Ferreiro

O grupo municipal da Marea Atlántica acudiu onte a un espazo público para dar contas do camiño que levou a convocar unha cuestión de confianza vinculada a aprobación dos orzamentos. O alcalde, Xulio Ferreiro, falou coa veciñanza sen intermediarios e deixou claros os motivos: “Fixémolo é importante aprobar as contas e facer políticas que melloren a vida da xente. Tan importante como para poñer en risco o goberno”.

A librería O Fiandón, en Monte Alto, acolleu o primeiro dos actos da campaña Confiamos na Marea, coa que a plataforma cidadá quere sacar o debate político do Pazo de María Pita, e mesmo do local da propia Marea Atlántica, para espallalo polos barrios. Para que a cidadanía pregunte e exprese a súa opinión sobre as cuestións que lle afectan.

 

SGR_20170220_galeria_marea_confianza_montealto_G88B4668Moito en xogo

“O que está en xogo non é so a continuidade dun goberno. Está en xogo un modelo de cidade no que as persoas van primeiro”, afirmou o alcalde da Coruña. A Coruña pode seguir profundando en políticas urbanísticas pensadas para defender o público, ou pode volver a unha política baseada na especulación, con desfeitas que lle custan millóns de euros aos nosos petos cada ano, con nomes como Ofimático ou Edificio Conde Fenosa.

Podemos seguir cun modelo de mobilidade sostible, no que o peón estea no centro e no que contemos cun carril bici e con sendas ciclables, ou seguir co sistema do PP, baseado en meter coches e máis coches na cidade. Podemos seguir defendendo un modelo ambiental sostible, que nos levou a eliminar case todas as verteduras incontroladas á ría do Burgo, ou volver ao estado anterior, para unha cidade onde nin sequera se preocuparan de protexer espazos como as Illas de San Pedro ou o entorno de Punta Herminia.

 

O risco de pobreza baixou un 5,5% na Coruña en tres anos

SGR_20170220_galeria_marea_confianza_montealto_G88B4669Podemos seguir adiante con medidas fiscais baseadas na progresividade, en que os que máis teñen sexan os que máis acheguen. Ou podemos regresar a situacións anteriores, cando se estaban pagando e pagando enormes intereses por créditos pasados,e ademais había 2,5 millóns de euros en facturas sen pagar . “O Goberno local amañou esa situación, conseguindo ademais un aforro de máis de 2 millóns de euros ao ano co refinanciamento da débeda”, en palabras de Xulio Ferreiro.

En decembro, os datos do Instituto Galego de Estatística sitúan A Coruña como a cidade galega onde máis baixou o risco de pobreza. Agora é do 10,5%, fronte ao 16% de 2013, no ecuador do mandato do PP. Noutras capitais galegas segue a subir, coa excepción de Ferrol e Santiago de Compostela, tamén gobernadas por candidaturas municipalistas. Podemos manter estas políticas, ou volver a estratexia de Carlos Negreira, que empregaba á Policía Municipal para botar á xente da súa casa.

 

O acordo imposible

“A pesar da vontade do grupo de Goberno para chegar a un acordo co PSOE, non foi posible, o que nos levou a a cuestión de confianza”, sinalou Xulio Ferreiro. A súa aprobación en Pleno tería significado a automática aprobación dun orzamento municipal baseado en seis piares básicos: o Dereito á Vivenda, Coidado do Espazo Público, Mobilidade Sostible, Economía para as Persoas, Aposta pola Área Metropolitana e Dereito a unha Vivenda Digna.

Porén, a cuestión de confianza foi rexeitada polo Pleno o pasado 4 de febreiro, votando a favor da cuestión os e as concelleiras do grupo de Goberno e o BNG, e en contra as do PP e o PSOE. Como lembrou o alcalde, “tan só o Partido Socialista mudou o seu voto en relación á sesión de investidura de xuño de 2015”.

 

E agora, que?

SGR_20170220_galeria_marea_confianza_montealto_G88B4741Agora, os grupos de PP e PSOE teñen 30 días para reunir os apoios para presentar unha proposta de Goberno Alternativo, vía moción de censura. O prazo remata o próximo 6 de marzo. En caso contrario, os orzamentos aprobaríanse automaticamente na súa fase inicial. A cidade tería perdido un mes.

Ante preguntas do público, o alcalde argumentou que “o Partido Socialista adoita desmentir que estean a negociar unha cuestión de confianza. Pero eu teño a sensación de que alguén pode estar tentado de facer experimentos na Coruña. É unha opinión persoal”.
Os actos de Confiamos na Marea seguirán ata o vindeiro 1 de marzo, e pasarán por Palavea, o Campus de Elviña, Os Castros e a Gaiteira, Novo Mesoiro, Os Mallos e o Agra do Orzan. O calendario detallado pode consultarse aquí.

Have your say