Saltar ao contido

Segunda reunión de benvida da Marea Atlántica

Este luns tivemos na Praza de Azcárraga a segunda reunión de benvida da Marea Atlántica. Son encontros con aquelas persoas que se poñen en contacto cos grupos de traballo, a través do formulario de participación, para sumarse ao traballo, enorme, que temos por diante. A tal hora son algo máis de cen as persoas que o fixeron. Estes días, segundo as preferencias individuais e as necesidades colectivas, a inmensa maioría destas persoas empezará a incorporarse ás dinámicas de traballo, tanto nos grupos como sobre todo na convocatoria e organización de novas mareas, o verdadeiro pulmón deste proceso de rebelión democrática que iniciamos hai un mes na Coruña coa publicación do noso manifesto. Grazas a todas e a todos pola xenerosidade.

Cen persoas súmanse á Marea Atlántica