Novas da Marea

Rolda_Confiamos_Marea

‘Confiamos na Marea’ e levamos o debate aos barrios

A partir do luns 20 de febreiro, comeza unha campaña de sete actos para debater a situación política da cidade

O primeiro será en Monte Alto, na librería o Fiandón, ás 20.00. Contará coa presenza do alcalde, Xulio Ferreiro

 

A Marea Atlántica comeza o luns, 20 de febreiro, a campaña Confiamos na Marea para abrir o debate sobre a situación política da cidade. O primeiro acto será na librería Fiandón, na rúa San Roque, o propio luns ás 20.00 horas, e contará coa presenza do alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro

Sabela Pérez e Álex Sánchez presentaron hoxe, en rolda de prensa, o calendario de actividades previsto, cun total de 7 actos nos barrios de Monte Alto, Palavea, Novo Mesoiro, Os Castros e A Gaiteira, Os Mallos, o Agra do Orzán e tamén no campus universitario.

 

Actos participativos, con micro aberto

“O obxectivo da campaña Confiamos na Marea é levar á rúa o debate sobre aos motivos e consecuencias da cuestión de confianza, os proxectos que o goberno levou a cabo e os que quedan por facer,”, explicou Sabela Pérez. “En todos estes actos participarán concelleiras e concelleiros. Pero, sobre todo, participará a xente. Haberá micro aberto para responder a todas as preguntas que se queiran facer”, engadiu.

Pola súa banda, Álex Sánchez lembrou que “o PSOE fixo imposible o pacto co goberno municipal cando non quixo comprometer o seu apoio nin en tres cuestións básicas: O impulso da Área Metropolitana, apoiada por alcaldes do PSOE, a renovación da mobilidade con base no Plan Rueda, aprobado polo PSOE, e a defensa da fachada marítima contra a especulación, que PSOE reclamou no pleno a través dunha moción”.

 

Agora mesmo, non hai alternativa en clave progresista na Coruña

Álex Sánchez tamén lembrou, nesta liña, que tras o non na cuestión de confianza, “a pregunta que está sobre a mesa é existe unha alternativa ao goberno da Marea Atlántica na Coruña? En clave progresista, desde logo, non. Calquera alternativa basearíase en apoiar os recortes, os enchufes da operación Pikachu, e as obras faraónicas feitas con présas electoralistas”.

O prazo para que PP e PSOE presenten unha moción de censura, remata o 6 de marzo. Pase o que pase, a Marea Atlántica seguirá a loitar polo ben común e os intereses da maioría social. Queremos facelo desde o pazo, pero tamén seguiremos sempre na praza, porque confiamos na Marea.

 

Calendario de actos

 

  • Monte Alto. Luns, 20 de febreiro ás 20.00 horas. Librería o Fiandón (Rúa San Roque, 11).
  • Palavea. Martes 21 de febreiro ás 20.00 horas. Local da Asociación Veciñal de Palavea (Lugar de Palavea, s/n)
  • Universidade. Mércores 22 de febreiro ás 12.00 horas. Facultade de Socioloxía, no Campus de Elviña
  • Os Castros – A Gaiteira. Xoves 23 de febreiro ás 20.00 horas. Sociedade Recreativa da Gaiteira (Rúa da Gaiteira, 53).
  • Novo Mesoiro. Domingo 26 de febreiro, ás 13.00 horas. Ao aire libre. Na confluencia entre a rúa Illas Cíes e a avda. Novo Mesoiro
  • Agra do Orzán. Mércores 1 de marzo. 20.00. Sede do Club Deportivo Ciudad Jardín (Prolongación da Rúa Barcelona, 91)

Have your say