Saltar ao contido

_MG_7258

 

 

Na Marea Atlántica cada día que pasa somos máis: sabemos non só que #HaiMarea, senón que seguirá a haber Marea. Mareas e mareas. De xeito que, como medra o mar, así medramos nós. Medra o proceso e medran tamén as necesidades.

Decatámonos de que contar cun espazo físico onde poder desenvolver algunhas das nosas actividades [primordialmente xuntanzas – Mareas, Grupos de Traballo, Rede …] cubriría moitas das necesidades presentes e futuras. Entón, por que non buscar entre todas e todos ese espazo físico para a Marea Atlántica?

Cremos que na nosa cidade hai un bo feixe de espazos infrautilizados ou que se poden compartir dun xeito razonable e consensuado polas cidadáns que así o precisaren.

_MG_6446

 

MAREA BUSCA CASA: Que procuramos?

☞ Un espazo para dar acubillo ás reunións periódicas da Marea, que nas asembleas xerais [Redes] pode chegar a xuntar a máis de 40 persoas.

☞ Ademais, sería interesante que puidese acoller reunións de Grupos de Traballo e Mareas, algunhas veces de forma simultánea en espazos compartimentados.

☞ Pode tratarse dun baixo ou un piso, e tanto un espazo baleiro coma un local a compartir con outro colectivo algunhas horas á semana. Calquera proposta ha ser benvida e estudada.

☞ Se alguén sabe dun espazo axeitado ou quere ofrecer algún, por favor poñédevos en contacto con ola@mareatlantica.org

 

Grazas!

_MG_6435

 

 

 

 

 

 

 

 

 

_MG_6438

buscamos un espazo para A Marea… axúdasnos?