Novas da Marea

Crónica | A Marea na rúa

Por ALBERTO LEMA De todas as metáforas da fundación, a miña favorita é a da botadura do barco, e non só por simpatía coa cousa mariñeira, pola cerimonia en si mesma. A saber. Logo de estampar unha botella de champaña contra o seu casco, o xigante de metal escorrega polos[…]

Ler máis »

Na Agra do Orzán vai subir a marea

A Marea Atlántica é un chamamento cidadán a construír entre todos e todas, con xenerosidade e dende a diferenza, un espazo de confluencia que sexa capaz de rescatar a democracia e poñer as institucións ao servizo da maioría social nas eleccións municipais do ano vindeiro. Agora mesmo, os retos inmediatos[…]

Ler máis »

Encontro con Esquerda Unida

No marco do chamamento que publicamos esta semana e de acordo coas condicións que nel se apuntaron —entre elas, a da transparencia nos contactos—, a Marea Atlántica iniciou onte unha rolda de encontros con organizacións sociais e políticas da cidade da Coruña. A primeira en solicitar unha xuntanza e poñerlle[…]

Ler máis »

Aí veñen as mareas!

Enganáronse cando pensaron que chegaba unha marea e que a poderían saltar. Chegan moitas mareas, en realidade. Un mundo. Tantas como queiramos sumar ao desexo imparable da Marea Atlántica. O desexo de mudar de vez esta cidade e poñer as institucións ao servizo do 99%. Dúas mareas principian o seu[…]

Ler máis »

Chamamento ás organizacións políticas e sociais

Dende a Marea Atlántica fixemos un chamamento á cidadanía para unirse nun proceso de construción horizontal coa vista posta nas vindeiras eleccións municipais. Este chamamento quere abranguer tamén todas as organizacións políticas e sociais que desenvolven a súa actividade na cidade da Coruña. Somos conscientes de que moitas de nós[…]

Ler máis »

Comezamos

O pasado martes 22 de xullo presentamos, na Ribeira do Cómaro, en Riazor, a proposta de proceso de confluencia e protagonismo popular e cidadán que lanza a Marea Atlántica. Seguindo a filosofía das portavocías múltiples e colectivas, Alfonso Mascuñana fixo a presentación do acto, Paula Tomé a introdución e lectura[…]

Ler máis »
1 18 19 20