Novas da Marea

Xuntanza con Anova

Segue a rolda de contactos da Marea Atlántica con agrupacións políticas e sociais. O 1 de setembro era a data fixada para o encontro coa organización local de Anova, representada por Mario López Rico, Iria B. González e Ramón López Verdini, nunha xuntanza con membros do noso grupo de traballo[…]

Ler máis »

Xuntanzas con Equo, PH e Galiza Mellor Sen Touradas

Segue a rolda de contactos da Marea Atlántica coas diversas organizacións políticas e sociais da cidade da Coruña, de acordo co protocolo publicado hai dúas semanas e na liña de transparencia coa que nos comprometemos daquela. A xornada de onte, mércores 27 de agosto, foi especialmente intensa. Mantivemos tres encontros[…]

Ler máis »

Cen persoas súmanse á Marea Atlántica

Este luns tivemos na Praza de Azcárraga a segunda reunión de benvida da Marea Atlántica. Son encontros con aquelas persoas que se poñen en contacto cos grupos de traballo, a través do formulario de participación, para sumarse ao traballo, enorme, que temos por diante. A tal hora son algo máis[…]

Ler máis »

Crónica | Unha praia de futuro

Por MARIANO FERNÁNDEZ CABARCOS Cando onte, a iso das dez, a preamar da Marea da Cultura se retiraba dos soportais do Teatro Rosalía, deixaba unha praia nova. Unha praia que non estaba debaixo dos lastros, senón dentro da veciñanza da Coruña, unha praia de ideas escintilantes. Dúas horas antes a[…]

Ler máis »

Crónica | A Marea na rúa

Por ALBERTO LEMA De todas as metáforas da fundación, a miña favorita é a da botadura do barco, e non só por simpatía coa cousa mariñeira, pola cerimonia en si mesma. A saber. Logo de estampar unha botella de champaña contra o seu casco, o xigante de metal escorrega polos[…]

Ler máis »

Na Agra do Orzán vai subir a marea

A Marea Atlántica é un chamamento cidadán a construír entre todos e todas, con xenerosidade e dende a diferenza, un espazo de confluencia que sexa capaz de rescatar a democracia e poñer as institucións ao servizo da maioría social nas eleccións municipais do ano vindeiro. Agora mesmo, os retos inmediatos[…]

Ler máis »

Encontro con Esquerda Unida

No marco do chamamento que publicamos esta semana e de acordo coas condicións que nel se apuntaron —entre elas, a da transparencia nos contactos—, a Marea Atlántica iniciou onte unha rolda de encontros con organizacións sociais e políticas da cidade da Coruña. A primeira en solicitar unha xuntanza e poñerlle[…]

Ler máis »

Aí veñen as mareas!

Enganáronse cando pensaron que chegaba unha marea e que a poderían saltar. Chegan moitas mareas, en realidade. Un mundo. Tantas como queiramos sumar ao desexo imparable da Marea Atlántica. O desexo de mudar de vez esta cidade e poñer as institucións ao servizo do 99%. Dúas mareas principian o seu[…]

Ler máis »

Chamamento ás organizacións políticas e sociais

Dende a Marea Atlántica fixemos un chamamento á cidadanía para unirse nun proceso de construción horizontal coa vista posta nas vindeiras eleccións municipais. Este chamamento quere abranguer tamén todas as organizacións políticas e sociais que desenvolven a súa actividade na cidade da Coruña. Somos conscientes de que moitas de nós[…]

Ler máis »

Comezamos

O pasado martes 22 de xullo presentamos, na Ribeira do Cómaro, en Riazor, a proposta de proceso de confluencia e protagonismo popular e cidadán que lanza a Marea Atlántica. Seguindo a filosofía das portavocías múltiples e colectivas, Alfonso Mascuñana fixo a presentación do acto, Paula Tomé a introdución e lectura[…]

Ler máis »
1 16 17 18