Saltar ao contido

Entre 2007 e 2014 o billete do autbús urbano subiu un 34%, nos peores anos da crise. Desde que goberna a Marea Atlántica o prezo está conxelado e xa comezamos os trámites para baixalo

Os menores de 13 anos viaxarán gratis e haberá trasbordo de balde e sen límite durante 45 minutos.

 

 

O billete do bus nunca baixou na Coruña. Nestes días, puxemos en marcha o proceso para romper a racha. Estas serán as novas tarifas que contamos con aplicar antes de final de ano.

Entre 2007 e 2013, nos peores anos da crise, o goberno bipartito e o goberno do PP subiron o prezo do bus un 34%. Mentres os salarios minguaban e o paro aumentaba.

O goberno da Marea Atlántica leva tres anos a traballar nesta medida. Demostrou que o beneficio da Compañía de Tranvías era excesivo, e iso permite aplicar estas novas tarifas. Para que a cidadanía sexa a que gañe co transporte público. Para que a mobiliadde sostible faga unha Coruña mellor.

Cando se aplicará? En canto a Comisión de Prezos da Xunta o autorice. Nunca puxeron pegas ás subidas de prezo, e seguro que tampouco o farán agora.

Baixa o bus na Coruña, por primeira vez na historia