Mareas

Rede marzo 17

Avances nos Estatutos e defensa da Maestranza

Este xoves, 17 de marzo, celebrouse no noso local unha Rede na que se presentaron os traballos da comisión que elabora os Estatutos coas achegas dos e das enmendantes, traballos que están chegando ao seu final. Nas próximas semanas producirase a aprobación definitiva cando a Rede reciba o documento xa mellorado.

A Marea Atlántica é un actor moi principal no actual mapa político galego polo que debateu sobre o seu labor cara a configuración dunha alternativa para as próximas eleccións galegas e a súa participación no espazo de confluencia que están a configurar diversas iniciativas municipalistas do país.

Por último a Marea expresou o seu apoio á comisión creada para defender como patrimonio público as parcelas que Defensa pretende vender ao mellor postor na Maestranza.

Have your say