Marea Atlántica - Comunicación

Alto e claro: primarias abertas

Na súa edición de hoxe, nun gráfico que acompaña unha información sobre o panorama pre-electoral en Galicia, La Voz de Galicia dá dous datos erróneos sobre a Marea Atlántica. Primeiro, exclúenos da lista de procesos que escollerán as súas candidaturas tras unhas primarias abertas. E, en segundo lugar, emprega o[…]

Ler máis »

crónica | Por fuciños, por dereitos

Por Celia Parra Marea Animalista Houbo unha tregua no dioivo, e a chuvia deixou de ser ameaza. Decenas de narices abandonaron o seu acubillo, percorreron as rúas seguindo un rastro azul no aire e ventaron o ruxir dunha nova marea. Alí, ó pé do Parque de Santa Margarita, decenas de[…]

Ler máis »

Principios básicos da Marea Atlántica

Hai marea. Claro que hai marea. E músculo cidadán. Viñeron a confirmalo onte no Paraninfo da Universidade da Coruña unhas 400 persoas. Xuntámonos para non esquecer o camiño andado dende que publicamos o manifesto o pasado 15 de xullo e para dar outro pequeno paso de xigante no proceso: a[…]

Ler máis »

Xuntanza coa Fronte Cívica Somos Maioría

O mércores 15 de outubro tivo lugar unha reunión coa delegación da asociación Fronte Cívica Somos Maioría na Coruña, un colectivo que xa amosara o seu interese en facilitar a creación de procesos cidadáns de confluencia. O grupo de traballo de Apertura fixo a presentación da Marea Atlántica, falou da[…]

Ler máis »

Hai Marea | Acto Público no Paraninfo

  Hai unha emoción primordial en ver unha gran onda que chega a unha praia. Algo que nos lembra de onde vimos e nos convida a navegar ese mar. Na Marea Atlántica acabamos de chegar a unha praia. E isto xa non hai quen o pare. Como ben sabedes, o[…]

Ler máis »

Mareas | Marea Animalista

A Marea Atlántica é unha iniciativa que soña con outra cidade. Con unha, por exemplo, libre do sufrimento animal considerado como cultura. Mais non só iso: tamén cunha cidade que logre harmonizar coa súa contorna natural e os seres que nela habitan, sexan aves, animais que rondan o perímetro urbano ou[…]

Ler máis »

Mareas | Marea de Elviña e do Birloque

Queixámonos de que decidan por nós. De non intervir como nos gustaría. Na rúa tómaselle o pulso real á cidade e hai ferramentas para sondar a opinión da xente máis aló dunha cita coas urnas cada catro anos. Hai posibilidade real de intervir e cremos que ganas de facelo. A tal[…]

Ler máis »

Crónica | Marea Municipalista

Este sábado lanzamos outra marea, mais unha moi especial: a Marea Municipalista. Un encontro ao que estaban convidados os distintos procesos municipalistas que están a xurdir en cidades e vilas galegas co foco posto no protagonismo cidadán. Deseñouse co formato de obradoiro de traballo, con sesións orientadas a presentacións e[…]

Ler máis »

A rebelión democrática en Galicia

Este sábado 4 de outubro, como anunciamos a semana pasada, convocamos na Coruña unha Marea Municipalista. Está pensada como un espazo de diálogo, debate e intercambio de experiencias e metodoloxías de traballo entre os procesos municipalistas que están a agromar en Galicia. Terá lugar na Casa da Fariña (Praza de[…]

Ler máis »
photo_2014-10-02_00-12-46

É o momento, e ímolo facer

Cumprimos. Hai marea. Seguimos adiante. Unhas 2.800 sinaturas, aínda que só procurabamos 2.500, avalan xa o manifesto da Marea Atlántica. Cando o publicamos o pasado 15 de xullo, faciámonos unha pregunta: compartimos un desexo común? E compartímolo. Queremos gañar María Pita nas eleccións de maio de 2015 e poñer as[…]

Ler máis »

Rolda de Prensa 1 de outubro 12:00 h. Praza da Fariña

Acadamos unha fase. A primeira. 2500 sinaturas [e in crescendo]. Para facelo público e contar un pouco máis polo miúdo a iniciativa cidadá da Marea Atlántica, convocamos unha rolda de prensa o mércores 1 de outubro, ás 12:00 da mañá na Praza da Fariña [tamén coñecida como Praza de Azcárraga].[…]

Ler máis »

xuntanza co BNG

Dentro da serie de encontros da Marea Atlántica con agrupacións políticas e sociais, o martes 9 de setembro o grupo de traballo de Apertura tivo a primeira toma de contacto co Bloque Nacionalista Galego. A delegación do BNG representada na xuntanza estivo formada polo Secretario de Organización Bieito Lobeira; o[…]

Ler máis »

Mareas | Marea municipalista

Como expresamos o pasado 5 de setembro, dende a Marea Atlántica ollamos con interese o nacemento, en diferentes vilas e cidades do país, de procesos municipalistas onde o esencial, ademais de deseñar un marco democrático de confluencia entre actores sociais e políticos, ten que ser a composición dun espazo amplo[…]

Ler máis »

Crónica | A cidade por e para quen a habita

Por XIAO VARELA Marea por outro Urbanismo, «A cidade por e para quen a habita». A imaxe era potente: máis dun cento de persoas reunidas para falar doutra cidade, de como facela xuntas. Na explanada da Dársena, ao carón da Casa do Concello, xuntas ao redor dun punto azul que[…]

Ler máis »
14_09_19_A2_MAREA MALLOS

Mareas | Marea dos Mallos

Vives nos Mallos ou na Falperra? Igual che interesa. Pero mesmo que non vivas nesas zonas, se pensas noutra cidade para ti e os teus, pode interesarche igual. Este mércores, 24 de setembro, ás 19:30, temos unha cita co futuro de Os Mallos-Falperra, sexa ou non o noso barrio. Agardámoste para esta[…]

Ler máis »