Novas da Marea

Aí veñen as mareas!

Enganáronse cando pensaron que chegaba unha marea e que a poderían saltar. Chegan moitas mareas, en realidade. Un mundo. Tantas como queiramos sumar ao desexo imparable da Marea Atlántica. O desexo de mudar de vez esta cidade e poñer as institucións ao servizo do 99%.

Dúas mareas principian o seu camiño a semana vindeira en forma de asembleas abertas. Non só para difundir o chamamento da Marea Atlántica e escoitar a cidadanía, senón para que a cidadanía se organice, recupere a súa propia voz e traballe en mancomún nun proxecto outro para A Coruña.

A primeira será a Marea da Agra do Orzán, o vindeiro mércores 20 de agosto, ás oito da tarde, na confluencia das rúas Cuba e Barcelona. E a segunda, ao día seguinte, xoves 21, á mesma hora, pero nos soportais do Teatro Rosalía. Será a Marea da Cultura.

Difunde e participa!

1 comment

  1. O xoves estaremos no rosalia.

    Responder

Have your say