Saltar ao contido

O Pleno aprobou a saída o Plan de Axuste do Partido Popular, que limitaba a economía local a cambio de medidas de dubidosa necesidade e curto alcance

En dous anos, o goberno da Marea Atlántica foi quen de amortizar o crédito de 7,6 millóns de euros co que o PP atara ao Concello

O goberno da Marea Atlántica desfíxose das cadeas do Plan de Axuste que o PP impuxo en 2012. Coa aprobación do pleno, o día 3 de xullo, e coa xestión dos últimos dous anos, será posible liberarse deste corsé para a autonomía local, similar aos memorandos da Unión Europea. Entre outras cousas, impedía crear ou participar na creación de empresas públicas.

E por que puxo en marcha o Partido Popular ese plan de axuste? Para facer fronte a un crédito de 7,6 millóns de euros, que empregou para pagar facturas. E foron incapaces de amortizalo en catro anos de goberno, a pesar de poñer en marcha medidas tan audaces como un imposto ás vodas – que a Marea eliminou– ou tentar reducir os custos dos contratos de limpeza e recollida de lixo a base de estragar os dereitos laborais da plantilla.

Ninguna lección dos “bos xestores”

Pola contra, nestes dous anos de goberno para a xente en María Pita si tivemos exemplo de aforro con sentidiño:

  • Os gastos en protocolo pasaron dos 134.000€ do PP en 2011 a 16.000€ este ano. Oito veces menos.
  • Os gastos en Relacións Públicas pasaron de 249.000€ con Carlos Negreira a 22.000€ con Xulio Ferreiro. Once veces menos.
  • Os gastos en reunións, conferencias e cursos son menos da metade que en 2011.

Cando o PP marchou do goberno da Coruña, en maio de 2015, deixou unha débeda viva de 86 millóns de euros. O executivo actual pechou o ano 2016 con 73 millóns, e conta con rematar 2017 por debaixo dos 68, grazas a eliminación das cargas herdadas dos populares. Será a débeda máis baixa dos últimos dez anos.

En resumo, o Plan de Axuste foi unha medida de dubidosa necesidade e curto alcance, moi mal xestionado, e que sacrificou parte da autonomía do Concello da Coruña no altar da mala xestión. Outra parte da negra herdanza do PP que a Marea Atlántica consegue eliminar.

Adeus ao Plan de Axuste imposto polo PP