Saltar ao contido

As dúas candidaturas de unidade popular reuníronse para tecer redes e intercambiar experiencias participativas

O alcalde da Coruña Xulio Ferreiro mativo onte unha xuntanza con Manuela Carmena, rexedora de Madrid, para profundar vías de cooperación e tecer redes de colaboración entre os procesos de transformación que se están a dar en ambas as dúas cidades. Durante a reunión mostrouse o interese mútuo de abordar desde as institucións dous temas fundamentais: o grave e urxente problema que supoñen os desafiuzamentos e a necesidade de traballar por consistorios máis transparentes, próximos e abertos á cidadanía.

CLGSpaTWoAAbihXPola súa banda, Claudia Delso, a nosa concelleira de Participación e Innovación Democrática, reuniuse co seu homónimo en Madrid, Pablo Soto, para analizar os proxectos e as estratexias a pór en marcha para abrir os concellos a unha maior transparencia e participación cidadá. A colaboración neste ámbito comezou xa hai meses, durante os cales ambos os procesos viñeron intercambiando coñecementos e metodoloxías de traballo, e compartindo as súas ferramentas para a elaboración participativa do programa, ou a convocatoria de primarias abertas.

Delso tamén participou na presentación da área coordinada por Pablo Soto no Concello de Madrid, nun debate aberto que se desenvolveu en Medialab-Prado, e no que participaron representantes dos novos gobernos locais de Barcelona ou Zaragoza.

Durante esta visita quedou patente o interese da Marea Atlántica por tecer redes con outros procesos de transformación e quebra democrática que están en marcha por todo o Estado, e o seu compromiso de abrir realmente o concello á transparencia e á participación cidadá. Por crear un Concello de Código Aberto.

A Marea comparte código con Ahora Madrid