Saltar ao contido

A Rede, o máximo órgano de decisión da plataforma cidadá debaterá se renovar ou variar o acordo tomado para os comicios do 20 de decembro

A Marea Atlántica celebrará o vindeiro xoves, 26 de maio, unha Rede na que decidirá se lle presta o seu apoio á candidatura de En Marea para as eleccións xerais. O máximo órgano de toma de decisións da plataforma municipalista analizará a situación de cara á vindeira convocatoria electoral, e acordará o grao de implicación neste proceso.

O 10 de novembro de 2015, a Rede decidira que a Marea Atlántica pedise o voto para En Marea e prestase apoio na campaña electoral dos comicios do 20 de decembro, sen integrarse na súa estrutura, que desde aquel momento ata hoxe segue sen estar definida, nin na composición dos seus órganos nin no que ten que ver coas súas atribucións. Agora, a repetición das eleccións xerais fai necesario reavaliar a situación.

A Marea Atlántica decide o 26 e maio se apoia a candidatura de En Marea