Novas da Marea

A Marea Atlántica aproba o seu equipo de goberno

A Rede que a Marea Atlántica celebrou o venres 5 de xuño no seu local da rúa Pontejos aprobou o esquema de organización do equipo que asumirá o goberno local da Coruña tras a sesión de investidura do próximo 13 de xuño.

Os dez concelleiros e concelleiras da Marea terán dedicación exclusiva, cumprindo co compromiso de non cobrar máis de 40.000 euros brutos anuais.

 
O organigrama aprobado democraticamente pola Rede da Marea é o seguinte:

  • Alcaldía. Asumirá a dirección do goberno, tamén outros departamentos como a oficina de planificación económica. O alcalde será Xulio Ferreiro.
  • Transparencia. Será asumida tamén desde Alcaldía.
  • Igualdade e Diversidade. Centrada nas políticas de xénero e de respecto á diversidade. A súa responsable será Rocío Fraga.
  • Medio Ambiente e Mobilidade Sostible
    • Medio Ambiente: Terá á fronte a María García.
    • Mobilidade Sostible: Dirixida por Daniel Díaz.
  • Participación e Innovación Democrática. Área encargada de garantir o compromiso coa apertura do concello á cidadanía e crear fórmulas e órganos de participación. A súa responsable será Claudia Delso.
  • Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda. Encargada de aspectos como un outro urbanismo, estará encabezada por Xiao Varela.
  • Xustiza Social e Coidados. Os servizos sociais abrirán unha nova etapa coas políticas do departamento que asumirá Silvia Cameán.
  • Emprego e Economía Social. A área será asumida por Alberto Lema.
  • Cultura, Deporte e Coñecemento. Un dos eixes do dinamismo social da Coruña terá no concello unha área a cargo de José Manuel Sande.
  • Facenda e Administración. Correrá a cargo de Eugenia Vieito.

 
Por outra parte, a Portavocía do Grupo Municipal quedará a cargo de Xulio Ferreiro, que así asumirá o diálogo directo coa oposición.

No referente á Deputación da Coruña, a Marea acadou nas urnas tres representantes que serán:

  • Rocío Fraga
  • Claudia Delso
  • Daniel Díaz, que exercerá de voceiro.

Have your say