Autonómicas

principios_basicos-1-1024x512

A Marea Atlantica apoia os Principios Básicos das Mareas en Común

A plataforma municipalista aposta por un modelo de confluencia aberto, transparente e construído desde abaixo, como o que iniciará a Marea Viva do vindeiro 7 de maio

O sábado ás 18.00 horas, na Mariña, farase un acto de presentación destes principios básicos, que en catro días foron asinados por máis de 600 persoas e 25 organizacións

A Rede da Marea Atlántica acordou sumarse aos Principios Básicos das Mareas en Común, e apostar por un modelo de confluencia construído desde abaixo, no que teñan cabida todas as forzas do cambio e no que se exerza a radicalidade democrática.

Por iso, participaremos na Marea Viva que, o vindeiro 7 de maio, iniciará os traballos para conseguir a unión das persoas, partidos, organizacións e movementos que desexen levar ás institucións galegas unhas políticas pensadas para a xente. O único requirimento para participar nela é sumarse aos  Principios Básicos das Mareas en Común. Cunha metodoloxía participativa, na que todas teñen voz,  servirá para deseñar un proceso de primarias, un código ético para os cargos electos, un modelo organizativo e unha forma de goberno.

Para dar a coñecer tanto estes principios básicos coma o proceso da Marea Viva, organizaremos este sábado, 30 de abril, un acto público na explanada da Mariña, ás 18.00 horas.

As Mareas en Común nacen da suma de varias  iniciativas municipalistas das catro provincias galegas, co obxectivo facilitar a construción dunha alternativa de cambio con posibilidades reais de gañar as próximas eleccións autonómicas, con forza e ilusión para devolverlle as institucións do país á xente común. En catro días, os seus principios básicos xa foron refrendados por máis de 600 persoas e 26 organizacións.

Os Principios Básicos de Mareas en Común son unha proposta que condensa os fíos de unión entre as forzas do cambio. Calquera persoa ou organización que se sinta representada neles pode asinalos a través da web: http://mareasencomun.gal/principios/

Desde a Marea Atlántica sumámonos a este proceso porque é tempo de que a xente común ocupe o espazo que lle corresponde na política institucional, porque abonda de gobernar para as contas de resultados das grandes empresas, porque é hora de traballar con honestidade para deter a privatización da sanidade e o deterioro da educación pública. É o momento de avanzar en común, polo que animamos á cidadanía a implicarse e asinar estes Principios Básicos.

1 comment

  1. Eu vexo una contradicción entre unha economía que respete os dereitos dos traballadores, e a mirada o común. Porque o común non pode ser esta empresa privada, o común debemos situalo non soio na esfera da democracia parcitivativa, senon tamen, no común dos sectores industriais necesarios pra o noso desembolbemento. O común é a antitesis do neoliberalismo, non podemos degradar esa verba, o común e de todos, e é pra todos. E dentro de ese todos estamos incluidos todas as mulleres e os homes.

    Responder

Have your say