Saltar ao contido

Nos pregos de contratación teránse en conta criterios como a calidade do traballo, o respecto ao medio ambiente, a igualdade de xénero e a inclusión social

Saiu adiante cos votos positivos de todos os grupos da institución provincial, agás o PP, que optou por absterse

DicorunaçA Deputación da Coruña aprobou no pleno do 6 de novembro unha moción presentada pola Marea Atlántica para que os pregos de contratación do organismo provincial inclúan cláusulas que favorezan o traballo de calidade, o respecto ao medio ambiente, a igualdade de xénero e a inclusión social. A proposta contou cos votos favorables de todos os grupos agás o PP, que optou pola abstención.

Como se indica no texto aprobado, vivimos nun momento histórico no que se están a depauperar os dereitos socioeconómicos e laborais, o coidado do medio ambiente e a igualdade, tanto material como entre homes e mulleres. Polo tanto, é responsabilidade das institucións públicas facer valer a súa notable influencia sobre as relacións laborais económicas para corrixir esta sistuación na medida do posible.

Por iso, o grupo provincial da Marea Atlántica defendeu a necesidade de que as contratacións públicas sexan entendidas como unha forma de intervención social, que se sume ao seu papel na realización de políticas públicas, execución de obras ou prestación de servizos.

Con este acordo, a Deputación comprometeuse a valorar de xeito positivo aquelas ofertas que máis aquelas ofertas que aposten pola creación de emprego estable e de calidade e que respecten os colectivos de aplicación. Tamén se aposta pola inclusión de cláusulas destinadas a fomentar a xestión de residuos e o uso eficiente da enerxía, á igualdade salarial e de oportunidades entre homes e mulleres e a contratación de persoas que pertenzan a colectivos desfavorecidos ou con problemas de inserción laboral.

Os criterios que se inclúen nesta moción son análogos aos da instrucción de contratación pública aprobada polo Concello da Coruña, o pasado 23 de outubro, e que tamén busca fomentar a función social do municipio.

A Deputación incluirá cláusulas sociais nos seus contratos, grazas a unha moción da Marea