Concello

13669359_1123744561016873_5591231120470305167_o

A Coruña xa non honra asasinos

No 80 aniversario do golpe de Estado do 18 de xullo, o goberno municipal da Marea Atlántica reafirma o seu compromiso coa memoria histórica e retira os retratos dos alcaldes que apoiaron a sublevación militar

 

Os retratos de José Fuciños Gayoso e Hernán Martín de Barbadillo, alcaldes da Coruña entre 1936 e 1937, xa non están no Pazo de María Pita. Foron militares que participaron activamente no golpe de Estado de 1936, premiados por loitar contra a democracia, no bando da barbarie. Por iso, tal e como recomendou a comisión de expertos municipal que analizou o cumprimento da Lei de Recuperación da Memoria Histórica, os seus cadros foron retirados hoxe da galería de rexedores.

Abonda xa de honrar a quen é responsable de encher de inocentes os cárceres e de cadáveres as fosas comúns. A quen apoiou os fusilamentos do Campo da Rata, entre eles o de Alfredo Suárez Ferrín, o último alcalde republicano da Coruña. Sen memoria non hai futuro.

No 80º aniversario do golpe de Estado, o goberno municipal da Marea Atlántica reforza o seu compromiso coa Memoria Histórica, como xa fixera coa retirada dos nomes franquistas das rúas da cidade, cumprindo un acordo do pleno do 2009, que permanecía ignorado. Cun comezo na praza das Atochas, antes dedicada ao fascista Millán Astray, devolvéuselles a dignidade ás rúas. O falanxista Juan Canalejo deixou paso á rúa do Socorro; a División Azul foi derrotada por Antón Vilar Ponte; o nome tradicional da Costa da Unión recuperouse baixo a placa de Tenente Coronel Gómez Zamalloa. E así ata retirar 22 placas relacionadas coa ditadura.

 

Fronte á innacción do PP, respecto pola Memoria

Co goberno do PP, o Concello da Coruña incumpría conscientemente a lei. A inacción de Carlos Negreira levou á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica a presentar unha denuncia contra o concello por manter a simboloxía franquista. Aceptaron retirala cando o executivo da Marea Atlántica anunciou o seu compromiso de restaurar a legalidade. E a Marea cumpre.

Grazas a iso, A Coruña non seguiu o mesmo camiño que outros municipios gobernados polo Partido Popular, como Olmedo (Valladolid) ou Palencia, que foron condenados nos tribunais por manter a simboloxía franquista. Ao PP non lle resulta cómodo enfrontar o pasado escuro do Estado español. Demostrouno na nosa cidade, o pasado 5 de xullo, cando as súas dez concelleiras ausentáronse cando o pleno municipal condenou o franquismo.

2 comments

  1. Yo le pido a los candidatos para la Xunta que tengan presente sólo lo COMÚN como expresión de la propia vida y lo COMÚN como principio de toda la actividad pública. Lo COMÚN debe de ser la guía que conduzca nuestra actividad en el espacio público. Porque a lo COMÚN debe llevarse toda la actividad. Y el enfoque de la actividad pública debe estar presidido por esta característica que nos conduzca a otro tipo de sociedad en la que los ciudadanos nos sintamos parte de una comunidad, como iguales en los géneros y en la sociedad.

    Responder

Have your say