Municipalismo

mAC 3 MEME

MAC3: A Coruña será capital do municipalismo

Do 12 ao 15 de outubro, a nosa a cidade acollerá o terceiro encontro organizado pola Fundación de los Comunes, que reunirá a centos de persoas de todo o Estado

Dous anos despois da chegada dos gobernos do cambio, o MAC3 fai un chamado a reflexionar sobre Municipalismo, autogoberno e contrapoder

A terceira edición dos encontros MAC, organizados pola Fundación de los Comunes eo Instituto DM, terá a súa sede na Coruña, coa colaboración da Marea Atlántica. Do 12 ao 15 de outubro, o MAC3 desenvolverase na nosa cidade, baixo o lema Municipalismo, autogoberno e contrapoder. Está prevista a asistencia de centos de persoas de todo o Estado, que participarán nas máis de vinte charlas, obradoiros e actividades previstas.

Tras dous anos de gobernos do cambio en cidades como A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Madrid, Barcelona, Zaragoza, Valencia, Badalona, Oviedo, Iruña e moitas outras, este MAC3 servirá para facer balance da traxectoria das novas formas de facer política. A inscripción abrirase en setembro, pero xa é pública a páxina web do evento, con toda a información dispoñible: http://mac3.uno/

 

A forza do municipalismoO Mak2 celebrouse en Iruña en xaneiro

Desde a intelixencia colectiva, a reflexión e o debate, o MAC3 procura espallar iniciativas que amplíen e multipliquen a potencia municipalista, onde as candidaturas e os gobernos vense á vez impulsadas e confrontadas polos movementos sociais. Porase acento en explorar os límites do traballo institucional e en buscar xeitos de desbordalos e superalos.

A última edición celebrouse en Pamplona-Iruña no mes de xaneiro, coa asistencia de máis de 500 persoas do Estado e doutros países europeos. O MAC estase a converter nunha referencia para o municipalismo a nivel internacional.

Have your say