Concello

16423137_1322009541190373_2319482396460330428_o

E agora, que?

O PP e PSOE uniron os seus votos contra o goberno municipal. Gañou o non na cuestión de confianza. Agora, ábrese un prazo de 30 días para decidir: Ou socialistas e populares pactan de novo e forman un novo goberno, ou se aproban os orzamentos igualmente.

Se o PSOE non pacta co PP, o seu voto só serviu para atrasar a aprobación das contas municipais, nun xesto de enorme irresponsabilidade.

 

O sábado 4 de febreiro, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, someteu a aprobación dos Orzamentos de 2017 a unha cuestión de confianza. Estaba en xogo moito máis que as contas municipais. Púñase sobre a mesa a continuidade do goberno do cambio que chegou en maio de 2015, cando a xente da Coruña dixo que non quería máis ao PP na alcaldía.

Neste pleno extraordinario agromou, unha vez máis, o bipartito do bloqueo formado por PP e PSOE. Uniron os seus votos polo non, e perdeuse a cuestión de confianza. A favor votaron as concelleiras da Marea e a do BNG, Avia Veira, que amosou un apoio crítico. E agora, que?

Agora ábrese un prazo de 30 días para presentar unha moción de censura. Se o PP e o PSOE chegan a un acordo, poden formar un goberno alternativo. E a Marea Atlántica pasaría a oposición. Se non, pasado ese tempo, apróbanse igual os orzamentos. O Partido Socialista ten que escoller: a dereita ou o cambio.

O PSOE anunciou xa que non pensa pactar co PP. Xa veremos, pois non sería a primeira vez que mudan a súa opinión ao respecto.

Pero de ser así, o seu voto contra a moción de confianza foi unha irresponsabilidade. Nin sequera poderán introducir modificacións nas contas municipais, porque a lei o prohibe. Ten que aprobarse o orzamento tal cal está.

Como dixo onte o alcalde, “estamos condenados a entendernos co Partido Socialista. Pero este non é o camiño”.

 

Desde maio de 2015, algo mudou na Coruña.

  • Recuperamos a memoria das rúas
  • Estamos a frear a especulación coa fachada marítima
  • Liberamos o cárcere da Torre
  • Paramos as verteduras contaminantes ao mar
  • Fixemos dos contratos públicos unha aposta polo emprego digno
  • Un goberno que da a cara ante a cidadanía
  • Abrimos os Orzamentos á participación
  • Puxemos en marcha o Espazo das Diversidades Sexuais e a Identidade de Xénero
  • Batéronse marcas de uso do transporte público
  • Auditamos a débeda viva do Concello, herdada do PP, e aforramos 4 millóns de euros en intereses
  • Creouse a Renda Social Municipal

Fixemos. E queremos seguir facendo, desde o pazo ou desde a praza. Porque o goberno é o medio para unha fin: facer máis doada a vida da xente. Nese camiño, atoparémonos sempre. Hai Marea!

Have your say