Concello

21-11-17 Foto Pleno 1

O Concello rescata máis de 5 millóns para investir nos barrios da Coruña

O Pleno municipal aprobou proxectos para coidar do espazo público nos Rosales, Labañou, Agrela, Parque Europa, Matogrande e a Rolda de Outeiro

O proxecto inicial do goberno apostaba por recuperar 9 millóns de euros, pero foi necesario dedicar unha parte a adiantar o pago a débeda bancaria para ter o apoio do PSOE

 

O Pleno do Concello da Coruña aprobou este 21 de novembro, nunha sesión extraordinaria, ampliar os orzamentos municipais con 5 millóns de euros en investimentos financeiramente sostibles, que se desenvolverán en 2018.  Grazas ao bo estado das contas, é posible superar as limitacións do Ministerio de Facenda e poñer estes cartos na rúa, para xerar emprego e mellorar o espazo público, en lugar de destinalos a pagar a débeda bancaria.

A intención do goberno municipal era chegar aos 9 millóns de euros, tal e como se viu a semana pasada, pero foi necesario reducir esta cifra para chegar a un acordo co PSOE e obter a maioría necesaria para aprobalos. Non é o plan que nos gustaría, pero é un compromiso que beneficia á cidade. E aí sempre estará a Marea Atlántica.

Deste xeito, 4,5 millóns servirán para reducir a débeda viva do Concello, a sumar aos 8 millóns que xa se dedicaran este ano de xeito ordinario, e outros cinco de xeito extraordinario. A proposta foi aprobada cos votos a favor da Marea Atlántica e o Partido Socialista, a abstención do BNG e a negativa do PP, sempre disposto a bloquear calquera proxecto sen importar o que achegue á cidade.

Estes son os investimentos aprobados

Renovación do firme no barrio dos Rosales 1.151.965 €
Segunda fase da rehabilitación da Rolda de Outeiro, desde a avenida de Arteixo á avenida do Ferrocaril 240.892 €
Mellora da eficiencia enerxética da iluminación nos Rosales, Rolda de Outeiro, Manuel Murguía e Labañou 1.532.161 €
Instalación de luces de alta eficiencia enerxética no Polígono de Agrela 250.000 €
Mellora da iluminación no Parque Europa 186.064 €
Renovación e ampliación do alumeado público en Matogrande 353.263 €
Mellora da iluminación no Iglesario de Agrela 35.879 €
Sistemas de telexestión nos centros de control da iluminación pública 298.871 €
Substitución de dúas electrobombas de augas fecais na Estación de Bombeo de San Roque 266.771 €
Instalación de novas bocas de rego e reparación das existentes 395.945 €
Acondicionamento dos obradoiros de traballo no Mercado de Elviña 134.194 €
Software para axilizar a concesión de axudas a domicilio 209.330 €

 

Estes son os investimentos que quedan fóra logo do acordo co PSOE

Nova maquinaria para a planta de reciclaxe de Nostián 1.850.571 €
Reurbanización da rúa Casares Quiroga 526.353 €
Mellora da eficiencia enerxética da iluminación no Castrillón 216.735 €
Mellora da eficiencia enerxética da iluminación en Monte Alto norte 224.759 €
Modernización da iluminación na Rolda de Nelle 235.456 €
Modernización da iluminación na Rolda de Outeiro 332.737 €
Restauración das carpinterías exteriores do Pazo de María Pita 199.086 €
Paneis de tráfico de información variable 155.000 €
Reparación de humidades nos aseos da Torre de Hércules 14.000 €
Licenzas de software 217.049 €

Estes proxectos non se esquecen. A intención do goberno municipal e recuperalos en 2018 e seguir adiante con investimentos polo ben común da cidade. Agardamos que o momento dos bloqueos partidistas xa quedara atrás.

Have your say