Saltar ao contido

Xulio Ferreiro e a Marea Atlántica lanzan “quince preguntas que o señor Negreira debería ter respondido hai moito tempo pero segue sen aclarar”

O primeiro tramo da lista da Marea enviou varias cuestións ao candidato do PP durante un acto ante 100 persoas no que tamén respondeu pre g untas do público asistente o cabeza de lista, Xulio Ferreiro

15preguntas_600x600_256

 

100 persoas acudiron ao colexio Eusebio da Guarda, na Praza de Pontevedra, para asistir ao acto electoral da Marea Atlántica na que o primeiro tramo da candidatura cidadá lanzou quince preguntas -enviadas ao momento polas redes sociais- dirixidas ao candidato do PP, Carlos Negreira, “que debería de telas respondido hai moito tempo pero segue sen aclarar ante a cidadanía da Coruña, instalado como está na opacidade en contra da transparencia que demandan os tempos”, segundo dixo o cabeza de lista da Marea, Xulio Ferreiro, que participou no acto xunto a Xiao Varela, Silvia Cameán, José Manuel Sande, Alberto Lema e Claudio Delso, candidatos e candidatas da plataforma cidadá. Así mesmo, Ferreiro contestou a varias preguntas dos asistentes, nun debate aberto.

O acto comezou cunha intervención de Rocío Fraga, número dous da lista, cuxo discurso estivo centrado nas políticas de xénero e contra a violencia machista, despois de que o día anterior a Marea suspendera o seu acto central en protesta polo crime machista de Ourense. Sucesivamente, os e as candidatas da plataforma foron lanzando preguntas a Negreira, logo dunha exposición de motivos. As preguntas trataron varios temas, coa corrupción no centro de moitas delas. “Por que non se activa a quenda de preguntas da cidadanía nos plenos?; Quen paga a expropiación do parque de Bens?; Por que tanta présa en botar da súa casa á familia de Varo e Isabel en San Vicente de Elviña cando pasaron seis meses e aínda non empezaron as obras?; Por que deixou sen executar dous terzos do orzamento para promoción de emprego?; Por que esconde as siglas do PP? Poría a man no lume por Rajoy?; Por que Emalcsa gasta millóns de euros en salarios dos directivos ou en SmartCity mentres seguen as verteduras na ría do Burgo?; Comprométese a seguir catro anos na oposición se non gaña as eleccións?; Cal era a súa relación con Gerardo Crespo?; Dimitiría se o imputan na Pokémon? Ou: Cal é a auténtica relación do PP e Ciudadanos na Coruña?” foron algunhas das preguntas que a Marea trasladou ao candidato do PP durante o seu acto de campaña.

 

1. Por que non se activa a quenda de preguntas da cidadanía nos plenos?

2. Quen paga a expropiación do parque de Bens?

3. Por que tanta présa en botar da súa casa á familia de Varo e Isabel en San Vicente de Elviña cando pasaron seis meses e aínda non empezaron as obras?

4. Vai revisar e inspeccionar a concesión da Compañía de Tranvías?

5. Por que deixou sen executar un terzo do orzamento para promoción de emprego?

6. Por que esconde as siglas do PP? Poría a man no lume por Rajoy?

7. Por que non quere debater coa Marea Atlántica?

8. Por que Emalcsa gasta millóns de euros en salarios dos directivos ou en SmartCity mentres seguen as verteduras na ría do Burgo?

9. Comprométese a seguir catro anos na oposición se non gaña as eleccións?

10. Que relación ten con Gerardo Crespo?

11. Dimitiría se o imputan na Pokémon?

12. Por que non fai pública Negreira a súa declaración do IRPF?

13. Cal é a auténtica relación do seu partido con Ciudadanos?

14. Cal foi ou é a súa relación con personaxes como José Luis Méndez ou Antonio Fontela?

15. Non debería pedir perdón o señor Negreira por incumprir a maioría das promesas electorais de 2011 cos barrios da Coruña?

15 preguntas para Negreira